Espiral xunta a moitos dos mozos involucrados nas mareas

O Proceso 1 de Maio culminou este sábado pola noite coa creación de Espiral-Mocidade Republicana Galega. Varios centos de mozas e mozos participaron na súa asemblea constituínte despois dunha xornada de debate na Asemblea de Políticas do Campus Sur da USC.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/09/2017 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

Iván Rodríguez, procedente de Noia e licenciado en Filosofía, foi elixido como primeiro portavoz nacional. O colectivo defínese como de ideoloxía republicana, rupturista e anticapitalista.

Asemblea Constituínte de Espiral / Proceso 1 de maio Asemblea Constituínte de Espiral / Proceso 1 de maio
Asemblea Constituínte de Espiral / Proceso 1 de maio Asemblea Constituínte de Espiral / Proceso 1 de maio

Apoios

ANOVA, que estivo representada polo seu voceiro Antón Sánchez, Compostela Aberta, Marea Atlántica ou FPG foron algunhas das forzas que xa saudaron a constitución do novo colectivo, que tamén contou coa presenza na súa constitución con directivos de AGAL. O acto rematou co canto do himno galego.

A diferencia dos seus rivais no Parlamento, moitos dos grupos que confluíron en En Marea non teñen unha organización de mozos próxima. 

Intervención na Asemblea Constituínte de Espiral
Intervención na Asemblea Constituínte de Espiral | Fonte: Proceso 1 de maio
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

8 Raiano

seudo-intelectuais, ¿quinta coluna do PP.....so valedes para falar. cabezas de ratos.

7 Freixo

Pilar Candocia ainda nom se retirou da politica? Quousque tandem abutere, Catilina, patientia nostra?

1 Balbino Fernández

Candocia agarda unha nova oportunidade: un pacto das Mareas de Podemos co BNG-PSOE para que lle pague o taxi! O problema son os centos de candocias maquinando estratexias de cafetería, revolvendo na merdé, esperando chupar... Algunha xa o está facendo, como a Ángela Rodriguez, alias Pam, despois de insultar as mulleres e ao colectivo de discapacitados, e segue premiada engordando a conta como deputada.

2 Freixo

Esta gentinha sempre igual, é como se seguíssemos 30 anos atrás, quando na Faculdade de Geografia e História faziam o mesmo como cachorros universitários daqueles que os iriam "promocionando" já de adultos. Tenho as minhas dúvidas sobre se acabou a carreira, quando eu cheguei já estava, quando me fum ali seguia.

6 Cheira te pega

Será xunta poucos... e mozos vale Arias está feito un rapaz. Estan os de Cheira tamén son os que faltaban

5 Lois Xosé-Breixo

Anton Sanchez, Pepe Arias, Pilar Candocia... a rapazada

4 Pastelao

Que tias mais feas tendes os nazionalistas, rediola!

1 Vijo

Qué educado. Feas es decir poco.