O PSdeG rexeita a "burbulla" xerada en torno ao Pazo de Meirás e aposta pola comisión de expertos para recuperalo

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou ter "a impresión" de que, en torno ao Pazo de Meirás, está a xerarse no ámbito político "unha especie de burbulla na que cada vez as apostas son máis altas para acabar explotando cando dentro da burbulla, á súa vez, hai pouca cousa".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2017 | Actualizada ás 15:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou ter "a impresión" de que, en torno ao Pazo de Meirás, está a xerarse no ámbito político "unha especie de burbulla na que cada vez as apostas son máis altas para acabar explotando cando dentro da burbulla, á súa vez, hai pouca cousa".

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga
O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga | Fonte: Europa Press

Crítico con esta situación, reafirmouse en que é necesario ir "por outra dirección" e aludiu a activar e traballar cunha comisión "plural" con expertos universitarios e xuristas que dirixa a Xunta, pero que tamén incorpore a persoas propostas por outras institucións como a Deputación da Coruña ou os Concellos da Coruña e Sada.

O obxectivo, na liña que expuxo no pleno o socialista e tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sería buscar vicios de nulidade na adquisición do Pazo que sinalen os camiños legais viables.

Leiceaga defendeu que a recuperación do Pazo non debe supor custo adicional para a sociedade galega, que "xa pagou unha doazón que non foi tal, senón un espolio pago fundamentalmente por aqueles que se opuñan ao réxime.

Preguntado acerca de se incluiría na "burbulla" que critica anuncios como o do BNG de denunciar a situación na ONU, Leiceaga asegurou que respecta todos os pasos encamiñados a dar publicidade "a unha situación anómala", pero insistiu na vía da comisión e en tentar buscar "o consenso político" pechando feridas "no canto de abrilas máis".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Raiano

Señores do PS-G e demais superen esa pequena mácula de ser fillos de franquistas , non pasa ren, hai que ir con os tempos e relembren. en castelan para que o entendan. Los regalos recibidos por los Jefes de Estado, no los reciben estos a título personal ni privado, son obsequios al Estado, propiedad del Estado, como La Zarzuela o el Faro de Hércules. O Pazo debe ser titularidade estatal.