As cancelacións de Ryanair afectarán a dous avións Santiago-Madrid o martes e outros dous Vigo-Barcelona o mércores

As cancelacións de voos programadas por Ryanair afectarán tamén as rutas que a aerolínea opera en aeroportos de Galicia; en concreto, cancelaranse este martes dous avións entre Santiago de Compostela e Madrid, e o mércores outros dous entre Vigo e Barcelona-El Prat.

VIGO | 18/09/2017 | Actualizada ás 19:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As cancelacións de voos programadas por Ryanair afectarán tamén as rutas que a aerolínea opera en aeroportos de Galicia; en concreto, cancelaranse este martes dous avións entre Santiago de Compostela e Madrid, e o mércores outros dous entre Vigo e Barcelona-El Prat.

Ryanair anunciou a finais da pasada semana que cancelará unha media de 40-50 voos diarios durante o próximas seis semanas para mellorar a puntualidade, o que suporía máis de 2.000 voos anulados ata que finalice o mes de outubro. De momento, coñécense unicamente os voos cancelados ata o mércores, día 20.

En Galicia, trátase do FR 5317 e o FR 5318, que estaba previsto que unisen Madrid e Santiago nos dous sentidos; e o FR 245 e o FR 246, que ían conectar Barcelona-El Prat con Vigo, tamén en ambas as direccións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta