Caballero: "Con Franco tamén se votou e era fascismo puro e duro. Votar non é necesariamente democracia"

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, volveu a condenar este venres a actitude "fascista" do presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, por "instar manifestacións e 'escraches'" contra alcaldes que non apoian o referendum, e advertiu de que unha votación así non é democrática, á vez que lembrou que "no fascismo de Franco tamén se votou".

VIGO | 18/09/2017 | Actualizada ás 19:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, volveu a condenar este venres a actitude "fascista" do presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, por "instar manifestacións e 'escraches'" contra alcaldes que non apoian o referendum, e advertiu de que unha votación así non é democrática, á vez que lembrou que "no fascismo de Franco tamén se votou".

Foto: Caballero
Foto: Caballero | Fonte: Europa Press

O presidente da entidade municipalista subliñou que "con Franco se votou e era fascismo puro e duro". "Lembren, houbo algún gran referendum, cun 102 por cento de participación, máis que o censo", ironizou Caballero, e insistiu: "Pero era a ditadura, o fascismo, a antidemocracia".

Abel Caballero advertiu de que "votar non é necesariamente democracia" e que "é democracia cando se vota de acordo ás leis, con garantías e de acordo á Constitución". "Se non, Franco estaría na democracia, porque convocou votacións", engadiu.

Por outra banda, o presidente da FEMP volveu a mostrar a súa "condena" á actitude "fascista" de Carles Puigdemont, pola "presión" e "coaccións" aos alcaldes que non apoian a celebración de "un acto ilegal, un delito", en alusión ao referendum convocado para o 1 de outubro.

Segundo Caballero, o mandatario catalán quere obrigar a estes rexedores "a cometer unha acción ilegal" e "colocalos fóra da Constitución", e equiparouno a "o que o fascismo fixo noutros tempos en Europa". "A nosa condena a Puigdemont e o noso apoio absoluto a eses alcaldes que queren estar dentro da democracia", reiterou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Freixo

Falou o Caudilho fascistoide de Vigo.

2 Manuel Sarmiento

Claro. A diferencia é se o referendo o convoca un dictador ou o reclama a vontade maioritaria dun pobo que quere decidir sobre si mesmo. Porque o "referendo" de Franco fíxose de acordo coa lei... franquista. Equiparar a vontade maioritaria dun pobo coa dun dictador revelak o nivel democrático de quen tal di.

1 Gamela

Curioso, vindo de quen vén... !!! O Caudillo de Vigo non ten espello...!!!