Dúas persoas resultan feridas en senllos atropelos en Vigo

Dúas persoas resultaron feridas en senllos atropelos ocorridos a última hora da tarde do luns no caso urbano de Vigo.

VIGO | 19/09/2017 | Actualizada ás 09:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas en senllos atropelos ocorridos a última hora da tarde do luns no caso urbano de Vigo.

O primeiro dos sucesos, segundo informou o CIAE 112 Galicia, tivo lugar ás 20,15 horas á altura do número 12 da Praza de Compostela.

Tras recibir o aviso por parte dun particular, o CIAE informou ao 061, que desprazou unha ambulancia ao momento. Tamén se informou á Policía Local e aos Bombeiros de Vigo.

Por outra banda, ás 21,30 horas, outra persoa solicitou ao 112 Galicia asistencia sanitaria para outro ferido que tamén fora atropelado por un turismo. Neste caso, na estrada de Acoutada, á altura do Centro Cultural de Beade.

O alertante avisou de que a persoa estaba ferida de consideración polo que o CIAE solicitou a intervención do persoal sanitario e da Policía Local. Así mesmo, informou os Bombeiros da cidade e aos efectivos de Protección Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta