Efervesciencia, dez anos divulgando ciencia en galego na radio

O programa de Radio Galega celebra o seu décimo aniversario nunha gala no Teatro Principal de Santiago o 30 de setembro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/09/2017 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O programa Efervesciencia cumpre este mes de setembro dez anos en antena. Co gallo deste décimo aniversario na Radio Galega vaise celebrar unha gran gala o sábado 30 de setembro ás 19:30 no Teatro Principal de Santiago.

Manuel Vicente, director e presentador do programa Efervescencia de Radio Galega.
Manuel Vicente, director e presentador do programa Efervescencia de Radio Galega.

Na gala “Férveche a mente” participaran todos os colaboradores do programa xunto con algúns dos mais relevantes investigadores e divulgadores que teñen pasado polos nosos micrófonos deste programa nesta década. Tamén haberá música ao vivo e o programa promete tamén outras sorpresas.

O resultado da gala será emitido nos vindeiros programas de Efervesciencia. A entrada é libre ata encher o aforo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta