Dous accidentes en Cambados e un atropelo en Vilagarcía sáldanse con tres persoas feridas

Unha muller resultou ferida este martes en Cambados (Pontevedra) nunha saída de vía. A condutora, no momento de producirse o accidente, circulaba a través do Peirao de Santo Tomé, preto do centro de saúde da localidade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2017 | Actualizada ás 13:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida este martes en Cambados (Pontevedra) nunha saída de vía. A condutora, no momento de producirse o accidente, circulaba a través do Peirao de Santo Tomé, preto do centro de saúde da localidade.

Segundo informa o 112, por causas descoñecidas saíuse da vía e impactou contra un muro. Así o trasladaron os técnicos sanitarios cando, ás 12,00 horas, trasladaron a información do sinistro.

O centro de emerxencias, tras recibir o aviso, solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local. Tamén se informou aos membros de Protección Civil e aos bombeiros do Salnés.

FERIDO LEVE

Dez minutos antes, un particular informaba ao 112 Galicia dun choque entre dous turismos que circulaban pola estrada do Grove, ao pasar a Ponte de Castrelo, tamén en Cambados.

Neste caso, unha persoa resultou ferida, aínda que, segundo indicou o alertante, non parecía revestir gravidade. O 112 deu aviso ao 061.

De igual modo, informouse á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos bombeiros do Salnés.

ATROPELO EN VILAGARCÍA

Tamén este martes, sobre as 12,00 horas, persoal do 061 informou a Emerxencias dun atropelo a unha persoa na Rúa Doutor Tourón, en Vilagarcía.

Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Policía Local e de Protección Civil da localidade. Ademais, informouse os bombeiros de Vilagarcía.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta