Tino Fernández relata a súa fórmula para o éxito empresarial

A situación en Cataluña e no Deportivo foron outros dos asuntos abordados durante un almorzo do presidente de Altia con emprendedores na Coruña.

Por GC Emprende | A Coruña | 20/09/2017 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

O mércores Tino Fernández; presidente da consultora tecnolóxica Altia e famoso por ser o presidente do club Deportivo da Coruña, acudiu á sede da Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA) como convidado á primeira edición da tempada dos “Almorzos ASCEGA”.

Tino Fernández antes do almorzo na Ascega
Tino Fernández antes do almorzo na Ascega

O empresario detallou os seus segredos para xestionar un proxecto da envergadura de ALTIA, unha empresa cotizada no Mercando Alternativo Bursatil, con case 800 persoas no cadro de persoal, segundo datos da compañía. Eles son na súa maioría enxeñeiros ou licenciados, coresponsábeis dunha facturación próxima aos 70 millóns  e cun beneficio neto, segun ASCEGA,d por encima dos 6 Millóns de Euros. 

Fernández argumentou que a súa fórmula de traballo está baseada no sentido

somún, na calidade do equipo e, moi importante, no control férreo dos gastos.

Nun acto de marcado carácter empresarial ao que acudiron máis de 60 asociados de ASCEGA, Tino respondeu sen problema a todas as preguntas que os asistentes lle formularon, mesmo de ámbito político, e así foi como deixou constancia de que cre que a sensatez se impoñerá no tema catalán aínda que todo o que estamos a vivir terá consecuencias que aínda non podemos predicir.

Tamén houbo tempo, ao repasar a súa traxectoria profesional, para que explicase que lle moveu a entrar no mundo do fútbol e aspirar á presidencia do Depor, labor da que sente moi orgulloso e da que espera gozar no futuro da man dos bos resultados do Club, que “chegarán”.

Ilusión e traballo, a receita sinxela que lle “roubou” ao sempre lembrado seleccionador de baloncesto Antonio Díaz Miguel, coa que está convencido de que calquera emprendedor pode aspirar a todo, mesmo desde a esquina noroeste da península ibérica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta