28.000 persoas asinan para rematar co “o me habla en castellano o no lo atiendo”

A iniciativa lexislativa “Sentido Común” para o dereito ao uso do galego no ámbito económico rexístrase no Parlamento.

Por Galicia Confidencial | | 20/09/2017 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística rexistrou este mércores máis de 28.000 apoios á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “Sentido Común” de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

Marcos Maceira e Celia Armas, da Mesa, entrevistanse con Miguel Santalices
Marcos Maceira e Celia Armas, da Mesa, entrevistanse con Miguel Santalices | Fonte: A Mesa

Segundo a Mesa, esta ILP quere acabar coa frase famosa que tantos e tantas escoitamos en tantas ocasións: “O me habla castellano o no le atiendo”, mais tamén pór fin ás limitacións para o uso do galego para o empresariado que quere transmitir “cualidade, proximidade, empatía cos e coas consumidoras mais só atopan obstáculos”.

“Non pode ser que no ano 2017 a lingua galega sexa a única lingua do Estado que non conta cunha lexislación semellante para protexer quen usa o galego”, engade. No caso vasco os dereitos que contempla a ILP están recollidos no Estatuto das Persoas Consumidoras e Usuarias e no catalán no Código de Consumo de Cataluña.

Entrevista con Santalices

Previamente á entrega das sinaturas, o presidente desta entidade, Marcos Maceira e a membro da súa Comisión Permanente, Celia Armas,  mantiveron un encontro co Presidente da cámara galega Miguel Santalices para presentarlle o contido da proposta que se debaterá nas próximas semanas no Parlamento para a súa toma en consideración. Se o voto é favorábel comezará o proceso de transformación en Lei.

Os representantes da Mesa aproveitaron o encontro co Presidente do Parlamento para lle transmitir o agradecemento ao persoal da cámara pola axuda recibida desde que a iniciativa fora rexistrada no mes de febreiro.

Marcos Maceira e Celia Armas valoraron campaña desenvolvida que se fixaba inicialmente as 10.000 sinaturas que marca a lei de ILP. “Estes miles de apoios que case triplican o obxectivo, son mais necesarios que nunca para pór e evidencia e mudar as actitudes hostís que se manifestan no ámbito económico, desde corporacións que se negan a empregar a toponimia oficial a quen prohibe o uso do galego para facilitar a deslocalización ou utiliza un hipotético descoñecemento do galego para negar atención ou mesmo dilatar procesos xudiciais”, indicaron. 

A Mesa mantivo contactos para a presentación da proposta con e onte pola mañá reuniuse con Antón Arias presidente da Confederación de Empresarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

6 Anônimo

Parvadas! O galego é a segunda língua máis usada na etiquetagem da Espanha e ũa das máis usada, em geral. https://materiasdidaticosetraducoes...

5 J. Enrique Jamardo Suárez

Non firmín por non telo sabido pero quero mandar meu apoio. Gracias

4 anonimo

100.000 firmas consiguió Galicia Bilingüe, y estos liberados y subvencionados solo 28.000. Encima vagos. GB pedía firmas para que se pudieran usar las dos lenguas en libertad, estos para que te obliguen a usar el gallego hasta cuando va s a comprar el pan. Estos no cambian.

1 teutonio

Onde di que obrigan aos comerciantes a usar o galego pra comprar o pan?, como consumidor porque non teño dereito ao obter o mesmo ca ti por razón d miña lingua?: A información de carácter fixo relativa aos produtos e servizos, a documentación contractual, etc. b)As informacións necesarias para o consumo, uso e manexo adecuados dos bens e servizos, de acordo coas súas características, con independencia do medio, formato ou soporte utilizado. c) As mensaxes relacionadas coa información, a seguridade e a saúde nos produtos de todo tipo, incluí- do instrucións sobre medicamentos... d) Os avisos e instrucións relacionados coa saúde e seguridade nas instalacións comerciais. e) Os contratos de adhesión, os contratos con cláusulas tipo, os contratos normados... f) Servizos de atención telefónica, http://www.amesa.gal/wp-content/upl...

2 Papuxa

1OO.OOO sinaturas mentindo e enganando á xente, que non sabía que o pretendía esta "seita", e iso seino de primeira mao. Xente á que enganaron dicíndolle que defendías ás dúas linguas por igual cando "SO" defenden a supremacía do castelán e, aínda por riba fachendean do seu presunto dereito a non estudar na nosa lingua. A maioría das sinaturas conseguíronas fóra do noso país cunha importante estrutura pagada con cartos públicos, aínda nos lembramos dos 60000 euros¡¡

3 PailanismoBilingüe

eu asinei cando tiña 12 anos, presionado por un pailán pepeiro da miña aldea que llo puxo a asinar a meu avó na miña casa e que cando eu lle preguntei para que era esa recollida de sinaturas díxome: ti cala e firma! así funcionou na miña vila a recollida de sinaturas de Galicia Biligüe, para que se entere a xente

3 Anti...

Estamos na Galiza e eu non teño porque mudar a miña lingua porque un pailán O poliglota a descoñeza. Eu non vou a castela e lles esixo que me falen en galaico. NEXUS toma as pilulas pra deixar de dicir as parvadas que dis e manter viva a única neurona que tes.

1 Nexus 6

Por eso mismo, porque Galicia es España y porque muchos gallegos tienen como lengua propia el español, los ciudadanos tienen derecho a expresarse en su lengua propia, sea esta el gallego o el español. Y nadie tiene derecho a exigir u obligar a nadie a que le hable en una de ellas. Y que sepas que debes sentirte afortunado porque normalmente no suelo contestar a los estúpidos, pero en tu caso he hecho una excepción.

2 PailanismoBilingüe

eu teño dereito como consumidor a ser atendido na miña lingua: o galego. yo tengo derecho como consumidor a ser atendido en mi lengua: el español. Iso é respecto e liberdade REAL E EFECTIVAS. E non as parvadas que di este Nexus 6, que non é máis que un ignorante e supremacista encuberto

2 Nexus 6

Me cuesta creer que para alguien que milita en un partido comunista, la ideología reaccionaria de los nazionalismos derechistas de Cataluña y el País Vasco, sea un ejemplo a seguir. A no ser que, en el fondo, este Marcos Maceira sea igual de reaccinario que ellos. Esta iniciativa que dice defender el sentido común, demuestra que carece totalmente del mismo. Y la absurda situación que encabeza el titular lo pone en evidencia. Según ese sentido común, Si una persona solicita atención comercial en gallego en una tienda de una ciudad de Galicia ¿puede exigir al dueño que le hable en la lengua regional' Si soy el dueño de un bar, ¿puede un cliente exigirme que le hable en gallego? ¿En qué se diferencia esa actitud de la del individuo que ponen como modelo negativo en la noticia? Si ese sujeto existe, lo que defiende la Mesa no difiere mucho de lo que pretende denunciar.

1 teutonio

Retorcemos a realidade, aquí quen esixe mudar de lingua é a empresa ou empregado co cliente ou usuario que emprega en liberdade unha lingua oficial no seu país, o galego, non o que ti comentas. E pra rematar con esta situación é preciso garantir que os servizos ou a atención ao cliente sexan da mesma calidade sen importar a lingua que este use, que se respecten os seus dereitos lingüísticos e que haxa sancións pra quen os viole como no caso do título, cousa por outra banda que moitos galegos temos experimentado. Síntollo, pra próxima esfórcese máis en describir a vítima como o agresor.