Cómic inspirado en autores galegos para a colección de arte de Afundación

Obras emblemáticas de autores como Leiro, Granell, Laxeiro, Minguillón, Castelao ou Lugrís inspiraron Pikiblinder, a historieta creada por Jacobo Fernández Serrano. Afundación é a primeira entidade privada do país que encarga e adquire para o seu patrimonio unha historieta inspirada na súa Colección de Arte, seguindo así a liña iniciada por entidades públicas como o Museo Nacional del Prado e o IVAM de Valencia, que integraron nas súas coleccións páxinas orixinais de cómics.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/09/2017 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

A historieta, Pikiblinder, encargada ao debuxante, pintor e escritor Jacobo Fernández Serrano, está inspirada en 26 obras emblemáticas de autores como Francisco Leiro, Eugenio Granell, Laxeiro, Julia Minguillón, Castelao ou Urbano Lugrís. Unha iniciativa que mostra unha vez máis, en palabras do comisario da exposición, o historiador Asier Mensuro, «a notable sensibilidade de Afundación cara a novena arte, como o é tamén que entre os seus fondos patrimoniais figuren diversas tiras de prensa de Castelao publicadas no Diario Galicia (1922-1924)». «A riqueza de Pikiblinder radica en que o autor reflexiona sobre a Colección de Arte Afundación, sobre a creación pictórica e sobre a modernidade creativa na que non existen puros, senón híbridos. Dita reflexión só é posible desde o ámbito da novena arte xa que este medio permite un achegamento diferente e novo, unha nova mirada sobre as coleccións de arte», subliña Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación. O proxecto desenvólvese no contexto da exposición «A Arte no Cómic», producida pola Fundación Telefónica, que se inaugura o vindeiro venres na Sede Afundación da Coruña.

Presentación de Pinkblinder na Coruña
Presentación de Pinkblinder na Coruña

A historieta, de cinco páxinas, está protagonizada por Pikiblinder, quen se ve obrigado a cumprir unha misión na que se enfronta a diversos perigos, entre eles un sol abrasador que o cega, obrigándoo a buscar algún tipo de obxecto que lle sirva de sombreiro. Así elixe, en primeiro lugar, unha cesta de peixe, que emula a Manuel Colmeiro na súa obra Pescadores (1973), á que segue unha figura antropomorfa inspirada na escultura Molido (1999), de Leiro. Outra cita relevante é a Enana pintora (1970) de Laxeiro, retratada pintando un cómic, en lugar dun cadro. Jacobo Fernández fai tamén referencias ao mundo da historieta coa obra Regreso do indiano (1918), de Castelao, e engade unha serie de trazos abstractos que evocan a obra de Alberto Datas, mestre do autor. Así ata un total de 26 obras da Colección de Arte de Afundación como Máscaras (Maruja Mallo, 1942), Romería (Urbano Lugrís, 1953), Cencerrada (Laxeiro, 1950), Tríptico marinero (Carlos Sobrino, 1931), Tyla y yo (Julia Minguillón, 1943) ou Paisaje (Pérez Villaamil, 1848), entre outras. 

O AUTOR

Jacobo Fernández Serrano debuxante, pintor e escritor, é o creador da serie dos Arquivos do achimboldo Roque para a revista Golfiño, que posteriormente foi publicada nun único álbum. Tras crear este personaxe, o artista vigués inicia a súa colaboración coa publicación periódica Dos veces breve e a revista BD Banda, na que publica a serie Animais pantasma, colaboracións que alterna co deseño de banda deseñada para nenos. Fernández Serrano é, ademais, autor das novelas gráficas Aventuras de Cacauequi (2007), coa que obtén o III Premio Castelao da Deputación da Coruña e Breve Encuentro (2012), da colección infantil Marcopola, la isla remera (2009-2015) e de Mil cousas poden pasar (2009), coa que logra o Premio Merlín de Literatura Infantil.

Pinkblinder
Pinkblinder
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cómics Hentai

La verdad que son unos cómics muy bonitos, a veces me cuesta mucho leer el Euskera, pero yo si no os parece mal voy a comentar en Español. Yo normalmente frecuento una página web llamada Hentai Comics, la cual da una gran lista de cómics hentai para descargar de forma gratuita. Me encanta lo que viene siendo la zona caliente del manga. Disfruto mucho leyendo este tipo de contenidos :)