Temas: CAN LUGO

Aprende a que o teu can sexa un bo can pastor

​Cospeito acolle unha nova edición do curso de cans de pastoreo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 21/09/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Santa María de Cospeito acolle o día 24 de setembro unha nova edición do curso de adestramento de cans de pastoreo. Unha actividade que ten coma finalidade que os cans adopten técnicas para xestionar o pastoreo.

O border collie é un can de pastoreo
O border collie é un can de pastoreo | Fonte: hogarmania.com

Este curso, no que xa participaron máis de 400 gandeiros procedentes de toda Galicia nas sete edicións anteriores, ofrecerá formación de marcado carácter práctico sobre as técnicas claves no adestramento para labores de pastoreo de rabaños de cans da raza Border Collie.

O curso será impartido polo experto navarro Alejandro Ibarra Artús. As prazas dispoñibles son 10. Os interesados poden formalizar a súa reserva no teléfono 660541534 ou no correo victordagrelo@hotmail.com. Estas actividades contan coa colaboración da Deputación de Lugo.

Temas: CAN LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta