Feijóo sobre as dimisións no 112: “Entran dentro da normalidade”

Evita confirmar se haberá cambios na dirección do Parque das Illas Atlánticas pero confirma que a Xunta non permitirá a sobrevenda de billetes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/09/2017 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

Hai uns días dimitía Juan José Muñoz como responsable do 112. A Xunta explicou entón a súa dimisión aludinco a “motivos persoais”. Con todo, o propio Juan José Muñoz non confirmou estas razóns publicamente até o de agora. Non é o único caso.

Un dos moitos piquetes das traballadoras do 112 na folga destes meses
Un dos moitos piquetes das traballadoras do 112 na folga destes meses | Fonte: Emerxencias Galicia Facebook

Recentemente tamén se teñen dado a dimisión doutros dous cargos da Axencia de Emerxencias de Galicia (AXEGA).  A principios de setembro ou finais de agosto, José Ángel Someso Anguita e Honorina Barrio Blanco desapareceron da Dirección Xeral de Protección Civil en Santiago e de feito nunca chegaron a instalarse na nova sede da Estrada. Dende aquela, o 112 opera sen o seu secretario, sen a Xefa Área de Coordinación Xurídico-Administrativa e Asuntos Financieiros e, agora, sen xerente.

Para Alberto Núñez Feijóo, estes cambios entran dentro da “normalidade”. Preguntado por GC por estas dimisións, o presidente galego suliñou que son “normais” os cambios en postos de alta dirección na Xunta. Así destacou que “hai xente que leva nestes postos de alta responsabilidade nove, dez ou máis anos” e que este tipo de cambios son lóxicos. 

Por outra banda, e preguntado tamén por posibles cambios na dirección do Parque das Illas Atlánticas debida á  sobrevenda de billetes, os problemas laborais dos traballadores, a falta de planificación e dun plan reitor, a política errática na erradicación de especies ou a descoordinación no seu padroado, Feijóo evitou contestar. Tan só se limitou que o problema que existiu foi por sobrevenda de billetes por parte das navieiras e suliñou que “iso non vai volver pasar”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Obviously

Do normal que é que só haxa ladroísos e ineptos en postos de goberno, queres dicir? Menuda obviedá, president! Marca PP de Galicia.