GC Aberto
Temas: RAJOY

Chegou Don Mariano e mandou parar

A actuación represiva do goberno do PP para sufocar o estado de axitación que coas súas ameazas e inmobilismo xerou en Catalunya, por mais que Rajoy utilice como argucia a mitificación da Constitución e do Estado de Dereito, pola súa carga involutiva, non debe contar co apoio de ningún demócrata.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 25/09/2017

Comparte esta noticia

A actuación represiva  do goberno do PP para sufocar o estado de axitación que coas  súas ameazas e inmobilismo xerou  en Catalunya, por mais que  Rajoy utilice como argucia a mitificación da  Constitución e do Estado de Dereito, pola súa carga involutiva, non  debe  contar co apoio  de ningún  demócrata.

Rajoy declara por Gürtel na Audiencia Nacional
Rajoy declara por Gürtel na Audiencia Nacional

A Resolución 2625 (1970) da Asemblea Xeral  da ONU, sobre o dereito á libre determinación dos pobos, é sen dúbida unha norma democrática  incontestable, pois vén referir  que  todo pobo sometido contra a súa vontade para aceptar por imposición “político– xurídica”  un sistema que rexeita unha maioría da súa cidadanía ten total dereito a decidir o seu futuro, é dicir, a opoñerse ao sometemento de quen cuestiona a decisión soberana do seu pobo.

Preguntándose se tal precepto puidese ser de aplicación no caso catalán, non cabe a menor dubida afirmar  que  a realidade dos  feitos vén constatar  que o seu implícito   é  plenamente  adecuado  á complexa  realidade  na que está inmersa   a sociedade dese  ámbito territorial, pois a  motivación  da  tensión  existente, é consecuencia directa  dos excesos   do PP, un grupo político    de cuestionada moralidade,  como así  demostra  o feito de ser o  primeiro partido imputado   e incurso en delito penal, e cuxa disidencia  coa democracia  fai que todo o que toca corrómpase e que, ostentando  o poder do Estado como é  o caso,  a “legalidade española  sexa dubidosamente legal”

O recurso de inconstitucionalidade  que no 2006 interpuxo  o PP  contra o Estatuto de Autonomía catalán e que o Tribunal Constitucional fallou ao seu favor catro anos despois, foi sen dúbida  a causa  que desencadeou a actual  batalla que sostén na súa defensa  a nación catalá, unha loita que se radicalizou en maior medida  coa  chegada de Rajoy  no 2011 á Moncloa, porque sabido tiñan  os directos afectados que para os  dirixentes conservadores máis aló do que formalmente establecese  a Constitución no seu articulado, o único .nacionalismo  que tiña encaixe nos seus postulados ideolóxicos  non era ningún distinto  ao español.  

E que reconfortados  polo arroupe da sentenza  do TC,  máis aló que tender pontes de avinza en vía a tranquilizar a tensión , radicalizarían o seu discurso contra   o nacionalismo  catalán utilizando  maior  rixidez e ortodoxia, sendo   xustó o que ocorreu;  pois  desde   a transición,  a  dinámica do PP consistiu en avivar  o seu epistolario  e a acción política contra os membros deste colectivo,  coa intención expresa de anular ao nacionalismo periférico, sendo boa proba diso o seu chamamento á rebelión social na súa contra, ata o extremo,  de proclamar despectivamente aos catro ventos   que os seus membros eran "okupas" das institucións. 

Un desencontros tras outro, un  proceder sen pés nin cabeza, que mais que  lograr a  finalidade prevista forneceu o efecto contrario, pois  o certo é   que  o Partido Popular  auxiliado mediáticamente polos  medios de comunicación da súa órbita, coas súas prácticas de fustrigación     contra a realidade  nacional de Catalunya e os  reiterados ataques   á súa singularidade identitaria,  o único que logrou  foi tensar a situación,  e con iso, activar  o sentimento independentista, é dicir, conseguir que unha ampla maioría  da sociedade catalá  dese ás á súa pulsión nacionalista e non  desexen   pertencer de ningún xeito  a un país cuxo Goberno lonxe de aceptar  a súa singularidade  como poboo diferenciado, empéñase en impoñer  o sometemento e a disciplina da  trasnoitada  uniformidade  patria.

Por tanto o responsable do  estalido  de indignación que contra o Estado centralista e autoritario percorre as rúas de Catalunya, é exclusivamente   de Rajoy e o seu partido como responsables de desencadear coas súas   prácticas  franquistas   un  conflito que de ser conducido por vías de acordo e  relación democrática nunca se daría;  tensa situación por tanto,  causada pola negativa do PP a  recoñecer a plurinacionalidade do Estado español e con iso a súa oposición para afrontar unha reforma constitucional que fixese posible o perfeccionamento xurídico da  actual realidade territorial. 

Dúas limitacións  que obstaculizan un cambio de actitude  dos populares e impiden que o conflito poida resolverse  pola vía política e mantéñase por iso  a vergoñosa imaxe dunha democracia  de aparencia, que como queda visto é incapaz de antepoñer o diálogo á represión, a rebeldía e a insurrección; testemuño que de xeito evidente  cuestiona  a idoneidade negociadora do Presidente do Executivo e recomenda sexa unha comisión  do Congreso quen  en suplencia e previo establecemento de pautas  recupere «a cordura e o diálogo»  que vía avinza conduza á resolución do conflito e á expresión emocional das mobilizacións cidadás cuxa proxección exterior é totalmente desaconsellable

Por iso é polo que sería  unha irresponsabilidade  por parte das forzas que conforman o progresismo político do país, sumarse á  intervención represora que para aplacar o conflito está a aplicar   o Goberno de Rajoy tras o parapeto da mitificación interesada da  Constitución e do Estado de Dereito na súa versión  máis discutible; pois o que debe  de quedar  nidiamente  claro sobre o proceso catalán, é que  só é un conflito para quen coa súa mala praxe  creouno, é dicir, para quen como o PP fixo do seu inmobilismo político unha provocación permanente; si ben,  para  o resto das    forzas políticas e sociais, a  mobilización social en marcha  debe ser entendida como  unha oportunidade para redemocratizar España recoñecendo  o dereito de Catalunya a manifestar a súa relación co Estado español, así como  para eliminar dunha vez por sempre  as ata agora persistentes reminiscencias  do franquismo

E o constitucionalismo de sainete, mellor  para dar cobertura a ese colectivo de corruptos e indecentes que se visten  de demócratas.  

 

Temas: RAJOY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 derrotan do pisco

QUE oportuno lles veu a estes corruptos de goberno de Madrid et Barcelona para esconder debaixo da alfombra do Procés toda acorrupción que os emmerda . Eso si con o aplauso dos respectivos rebaños que se turran entre eles