Falece aos 107 anos a veciña máis lonxeva de Abegondo (A Coruña)

A veciña máis lonxeva de Abegondo (A Coruña) faleceu este venres aos 107 anos, segundo informou o Consistorio. Carmen Aurora Rodríguez, natural da parroquia de Leiro, cumpriría 108 anos o próximo 13 de outubro.

A CORUÑA | 22/09/2017 | Actualizada ás 18:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A veciña máis lonxeva de Abegondo (A Coruña) faleceu este venres aos 107 anos, segundo informou o Consistorio. Carmen Aurora Rodríguez, natural da parroquia de Leiro, cumpriría 108 anos o próximo 13 de outubro.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, transmitiu, en nome da corporación, a súa pesar pola morte da muller, que vivía na zona de San Marcos xunto a un fillo e a súa nora. O seu marido, falecido en 2009, constituíu outro caso de lonxevidade ao morrer aos 106 anos.

Nas visitas habituais do concello aos centenarios o día dos seus aniversarios, "os familiares apuntaban á antiga Fonte do Quenlle como unha das posibles explicacións a esta lonxevidade, pois era de onde bebían ambos", explica o Consistorio sobre este matrimonio.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta