A Xustiza condena a Losantos por faltarlle á honra a unha deputada galega

O famoso locutor e copropietario de esRadio terá que pagar 10.000 euros por entrometerse de xeito ilícito na honra dunha parlamentaria.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 22/09/2017 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

Libertad Digital SA e Federico Jiménez Losantos deberán abonar 10.000 euros a Carolina Bescansa. Un xulgado de primeira instancia de Madrid acaba de fallar que o xornalista violou a honra da política de Podemos, procedente de en Santiago de Compostela.

Losantos entrevista ao conselleiro Rueda en Santiago
Losantos entrevista ao conselleiro Rueda en Santiago

Que foi exactamente o que dixo Losantos? Pois chamoulle “mala nai” á Bescansa por levar ao seu cativo ao Parlamento. Do neno dixo que “estaba dopado”.

“O ámbito da liberdade de expresión que resulta constitucionalmente amparado excédese, coa vulneración do dereito á honra" argumenta o xuíz segundo a sentencia que deu en primicia Público.

EsRadio deberá publicar unha noticia sobre o ditame na súa web e borrar do portal as informacións que violasen a honra da demandante. 

Non é a primeira nin a segunda vez que a Xustiza condena a Losantos, un dos principales promotores e bandeira de EsRadio. Tamén foi condenado no pasado por violar a honra de Alberto Ruíz Gallardón e por afirmar que dispararía contra os deputados de Podemos. Malia isto, EsRadio foi unha das favorecidas pola Xunta no último reparto de frecuencias.

Bescansa co seu bebé no Congreso
Bescansa co seu bebé no Congreso | Fonte: rtve.es

A política galega agradeceu os apoios recibidos neste tempo:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Anti...

Co de deputada chega e como moito da Galiza non galega que xamais exerceu coma tal. A losantos estalle ben por non porlle cancelas a lingua.

5 Nomore

Si alguien celebra esta sentencia es de esperar que también acoja con la misma impresión cualquier decisión judicial que condene a los golpistas catalanes.

4 anonimo

Agora é oficial. Xa se pode dicir que Jimenez Losantos financia Podemos. Coma un Maduro calquera. Mimadriña!!!

3 galegoexiliado

Tristes dias para a democracia e a liberdade de espresión. San Jimenez condenado e San Maruenda apartado de 13TV polos bispos independentistas. Menos mal que ainda nos queda o goberno de Galicia e a sua prensa del movimiento pa difundir a democracia e a liberdade de prensa.

2 remo

tarado.....