A Xustiza condena a Losantos por faltarlle á honra a unha deputada galega

O famoso locutor e copropietario de esRadio terá que pagar 10.000 euros por entrometerse de xeito ilícito na honra dunha parlamentaria.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 22/09/2017 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

Libertad Digital SA e Federico Jiménez Losantos deberán abonar 10.000 euros a Carolina Bescansa. Un xulgado de primeira instancia de Madrid acaba de fallar que o xornalista violou a honra da política de Podemos, procedente de en Santiago de Compostela.

Bescansa co seu bebé no Congreso
Bescansa co seu bebé no Congreso | Fonte: rtve.es

Que foi exactamente o que dixo Losantos? Pois chamoulle “mala nai” á Bescansa por levar ao seu cativo ao Parlamento. Do neno dixo que “estaba dopado”.

“O ámbito da liberdade de expresión que resulta constitucionalmente amparado excédese, coa vulneración do dereito á honra" argumenta o xuíz segundo a sentencia que deu en primicia Público.

EsRadio deberá publicar unha noticia sobre o ditame na súa web e borrar do portal as informacións que violasen a honra da demandante. 

Non é a primeira nin a segunda vez que a Xustiza condena a Losantos, un dos principales promotores e bandeira de EsRadio. Tamén foi condenado no pasado por violar a honra de Alberto Ruíz Gallardón e por afirmar que dispararía contra os deputados de Podemos. Malia isto, EsRadio foi unha das favorecidas pola Xunta no último reparto de frecuencias.

Losantos entrevista ao conselleiro Rueda en Santiago
Losantos entrevista ao conselleiro Rueda en Santiago

A política galega agradeceu os apoios recibidos neste tempo:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Loo

Por fin un juez decente ya era hora de que este señor se mordiera la lengua ya estaba bien de decir tonterías y que le salgan gratis