(Resumo) O garda que disparou ao exbatería de 'Los Piratas' xustifica a súa actuación na primeira sesión do xuízo

"Se corre perigo a vida dunha persoa, eu teño que actuar da maneira que actuei. Non me quedou outra alternativa", sinalou

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2017 | Actualizada ás 20:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dous anos despois da morte do exbatería do grupo 'Los Piratas' Javier Fernández na súa casa de Ponteareas (Pontevedra), arrincou o xuízo, no que o garda civil que lle disparou mortalmente xustificou a súa actuación e defendeu que non lle quedou "outra alternativa". O xuízo vaise retomar o luns.

A vista oral iniciouse este venres coa declaración do garda civil que, en agosto de 2015, disparou causando a morte ao músico. O axente está acusado dun delito de imprudencia grave profesional por dispararlle un tiro mortal cando acudiu á súa casa por un aviso de violencia machista e atopouse co músico "totalmente alterado".

O exbatería tiña diagnosticado trastorno bipolar e empezara a deixar a medicación por indicación do psiquiatra.

O garda civil, Rubén Ll.A., que se limitou a responder as preguntas do fiscal, do avogado da defensa e do xuíz, mantivo en todo momento a súa inocencia e declarou que lle disparou con intención de inmobilizalo porque acantoara ao seu compañeiro armado cun coitelo e un tenedor e temeu pola súa vida.

"Se corre perigo a vida dunha persoa, eu teño que actuar da maneira que actuei. Non me quedou outra alternativa", ha o garda acusado. "O único que pretendía era inmobilizalo. Non que quedou máis remedio que reducilo; a nosa intención primeira era tentar acougalo", manifestou.

A ACUSACIÓN PARTICULAR PIDE CATRO ANOS DE PRISIÓN

O tres avogados que exercen a acusación particular en representación da viúva, o irmán e os pais do músico piden catro anos de prisión e seis de inhabilitación para o axente, mentres que a Fiscalía non acusa neste caso e a defensa pide a súa libre absolución.

Un dos momentos máis duros da xornada foi a declaración como testemuña da viúva de Javier Fernández, Andrea Montes, quen relatou que o seu marido levaba anos diagnosticado de trastorno bipolar e levaba unha vida normal e tranquila, aínda que a situación cambiou dez días antes do suceso.

Tras nacer o seu bebé --tiña dous meses-- e por indicación do psiquiatra reduciu á metade a medicación para ir deixándoa e empezaron os delirios. Tres ou catro días antes xa estaba "moi fóra da realidade" e ese día foi a peor, atopouno "moi nervioso" e cunha actitude que lle "asustou", pois "nunca lle viu nese estado".

Tras alertar a varios amigos por WhatsApp pediu a un grupo de persoas que estaba a traballar nunha leira próxima que chamasen para pedir axuda que se tramitou, segundo confirmaron gardas civís e sanitarios, como un caso de violencia machista, pero a muller asegurou que non fora agredida.

TESTEMUÑOS CONTRADITORIOS

Un dos puntos máis polémicos deste caso céntrase en determinar a credibilidade dunha das testemuñas, Pablo, un amigo do falecido que declarou que presenciara a intervención do garda dentro da casa. Segundo o seu relato, cando desenfundaba a arma, tentou impedilo suxeitándolle o brazo e dicíndolle que o seu amigo necesitaba medicación, pero o axente respondeulle "que non ía arriscar a vida do outro compañeiro" e logo disparou.

O axente acusado asegurou non ver a esa suposta testemuña dentro da casa e tampouco a viúva chegou a verlle, aínda que desde o punto no que se atopaba ela non se vía o interior da vivenda. Os distintos testemuños contradinse sobre este particular.

A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra investigou os feitos e a actuación do agora acusado, e o responsable do informe concluíu que "non tiña outra opción que utilizar a súa arma" e que a súa actuación "entra dentro do que contempla o protocolo", unha tese na que coincidiu un capitán da Policía Xudicial especialista en tiro. O xuízo retomarase o vindeiro luns ás 10,00 horas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta