Chega a Galicia o Pergamiño Vindel, a "biblia" do galego-portugués

Román Rodríguez: "O Pergamiño Vindel está en pé de igualdade cos orixinais de Mozart ou a biblia de Gutemberg".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2017 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

A Biblioteca e Museo Morgan de Nova York entregou este venres o Pergamiño Vindel, o manuscrito do século XIII que recolle as cantigas de amigo do trobador galego Martín Códax, á Xunta de Galicia e á Universidade de Vigo, que organizarán unha mostra no Museo do Mar entre este outubro e marzo de 2018.

Pergamiño Vindel
Pergamiño Vindel | Fonte: Europa Press

O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o reitor vigués, Salustiano Mato, ademais do director da Morgan, Colin B. Bailey, e outras autoridades e representantes do consulado español e portugués. Tras dous anos de negociación entre a institución académica viguesa e a Biblioteca e Museo Morgan, finalmente Galicia acollerá temporalmente una das dúas 'cantigas' manuscritas do século XIII que sobreviviron coa súa música.

O texto, creado no século XIII, estivo desaparecido ata que foi atopado en 1914 por un libreiro, Pedro Vindel --que deu nome ao pergamiño--, cando desmontaba unha encadernación da obra De Officiis, de Cicerón. Vindel publicou varias reproducións ata que vendeu o exemplar, anos despois. O documento pasou por distintas mans ata que o adquiriu o libreiro Albi Rosenthal, que o gardou na súa colección privada. No entanto, en 1970 tratou de vendelo ao Morgan, aínda que non foi adquirido ata 1977.

"A Morgan está a facer realidade un soño", destacou Salustiano Mato durante o acto de recepción do manuscrito, incidindo nos valores literarios e sentimentais que rodea esta obra coas seis cantigas de amigo de Martín Códax.

"Esta obra, cargada de sensualidade e referencias a rituais pagáns, é unha das pedras angulares da lingua propia de Galicia", insistiu Mato, quen trasladou a súa "emoción contida" pero "desbordante" ante este acto de "xenerosidade" da Biblioteca.

"UNHA PEZA FUNDAMENTAL" PARA A LINGUA GALEGA

Román Rodríguez, pola súa banda, destacou que o Pergamiño Vindel está "en pé de igualdade" na Morgan con outras "das grandes construcións da cultura" humana, como as partituras orixinais de Mozart ou a primeira biblia de Gutemberg.

Segundo destacou a Europa Press, o documento "está considerado unha das grandes xoias culturais" da historia. Para Galicia, especialmente, "é unha honra e un privilexio" que "una das pezas fundamentais da lingua e a cultura" regrese á comunidade autónoma.

O titular de Cultura insistiu en que este texto representa unha lingua "que xa era musicada e culta hai 800 anos", e unha mostra de que os galegos deben sentirse "orgullosos" do seu idioma e do seu legado histórico.

A exposición permanecerá entre outubro deste ano e marzo de 2018 no Museo do Mar de Galicia, e completarase cun programa de actos que abarcarán desde simposios, ata talleres e actividades escolares, musicais e gastronómicas, entre moitas outras.

O obxectivo, engade Rodríguez, é "pór en valor a transcendencia histórica" desta efeméride, dando a coñecer o texto por toda Galicia. Así mesmo, destacou que Rei emérito, Don Juan Carlos I, acudirá á inauguración da mostra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

1 Sen medo

Disque é do século XIII e de Vigo, daquela non é "galego-portugués", senón galego, porque daquela xa estabán separadas Galicia e portugal.

1 Di que si

Como pasa con Vargas Llosa e García Márquez que escreven en peruano e colombiano.

2 Sen medo

"Se vistes meu amado, por que hei gran coidado?" A min soame a galego, en portugués nunca dirán "gran coidado". Por moito que nos vendan o suposto galego-portugués, xa eran diferentes daquela.

3 Con medo

"Si viste mi amao, po que eh gran cuidao". A nin soame a andaluz, en español nunca dirán " gran cuidao". Por moito que nos vendan o suposto español, xa eran diferentes daquela.

4 Sen medo o lusofascismo.

O andaluz é unha corrupción do castelán, pero o galego no é unha corrupción do portugués, na mesma idade media xa había diferencias como podes ver nese pergamiño.

5 Desiderio

É curioso, igual que está acontecendo en Cataluña, o que pide dereito a decidir, liberdade de escolla, non imposición dunha norma ou leí é o que os autoritarios lle chamades fascista! Pois vai ser que tedes moito medo á igualdade, obsesión e fanatismo polas vellas razas e fronteiras, que no lugar de convencer precisades impoñer, polo que os fascistas podédelos ollar cando vos miredes no espello!

6 Kuruñesadesiempre

Ao da réplica 1: e co castelán curuñes, vigués e o ferrolano. Ya te lo sabemos. O 4: deixa de dicir tonterías ho. O dialecto andaluz é castelán cun forte substrato árabe. Xa só empregar a palabra "corrupción" retratate.

7 Outro Isolacionista

O de "queremos elexir" da agal é moi semellante o de Galicia Bilingue, o imperialismo español e o portugués non son moi desemellantes.

8 Desiderio

De vagar Isolo, nin son da Agal, nin coñezo ou trato a ninguén de tal asociación, e tampouco simpatizo coa súa norma. Polo tanto, foguetes ao vento! O que si teño moi claro é quen impón, quen persegue e quen sofre preconceitos racistas e xenófobos. Xa que logo, quen teme a liberdade de escolla non sodes demócratas. E os que estades enmerdando unha noticia positiva para a cultura galega coas vosas obsesións e paranoias contra o luso, tedes un fedor a rancio que se nota a leguas.

9 Outro isolacionista

Aquí ningúen persigue nada, agás os que sodes dos grupusculos lusistas. Só falamos de cousas cientificas e filolóxicas, nada que ver coa relixión lusista.

10 Ti, Isolo, es facha

'Despedimentos, denegações, multas, proibições, censuras, expedientes, estigmas… Só os cegos e os hipócritas podem negar estes factos, ou acolhê-los sob o monstro jurídico da Legalidade Vixente". http://celso.blogaliza.org/2003/07/...

11 TQfT

Non o cres ni ti, segundo esas páxinas hai máis multas que lusistas.