Que é o que se ocultou tras a desaparición do CD Ourense?

Estrenase 'Cerrado por derribo', un documental que desvela as causas da disolución do principal club de fútbol da cidade das Burgas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 23/09/2017 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

Por que pechou o CD Ourense?, quen estivo detrás da desaparición do principal club de fútbol da cidade das Burgas?, cales foron as principais razóns da súa disolución?. 'Cerrado por derribo", un documental que catro xornalistas mozos fixeron como Traballo de Fin de Grao (TFG) na Facultade de Xornalismo, tenta dar resposta a estas e outras cuestión.

Trátase dunha rigurosa investigación que será presentada este sábado en Ourense. Directivos, xogadores, traballadores, economistas, xornalistas... En total, o filme, duns trinta minutos de duración, conta con declaracións de preto dunha vintena de fontes, todas elas fortemente vinculadas ao club ou expertas no tema. Algunhas delas nunca foran contactadas ata entón.

Campo de futbol do Couto, en Ourense
Campo de futbol do Couto, en Ourense | Fonte: futgal

Así mesmo, a película mostra documentos ata agora descoñecidos para o público que revelan cal era a situación real do club ante da súa disolución o 15 de xullo de 2014. Este traballo de investigación foi realizado polos xornalistas Borja e Edgar Melchor, Marcos Martín, David Valverde e Jose Riveiro entre os meses de novembro de 2016 e xuño de 2017. A gravación do documental, producido polos propios autores do estudo, foi realizada en varios escenarios idílicos da capital ourensá, tales como a Alameda ou As Burgas, entre outros, ou vinculados ao club desaparecido, como o campo de fútbol do Couto, pero tamén en lugares alleos
a Galicia.

A única emisión prevista é a deste sábado. Será nun acto de entrada libre ás 19 horas no centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense, de aforamento limitado. Tras a proxección, haberá un coloquio entre os autores da gravación, varios protagonistas e os asistentes ao acto.

Temas: OURENSE FúTBOL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta