Rap en galego para conmemorar o Día Europeo das Linguas

"O rap da Lingua" chama aos nenos a falar neste idioma.

Por Galicia Confidencial | compostela | 24/09/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Un rap en galego para falar galego. Esa é a proposta de Migallas Teatro para tentar que os máis novos falen a lingua do país.

Por iso, acaban de lanzar "O rap da Lingua", un videoclip que pretende prestixiar o uso do galego con motivo da próxima celebración do Día Europeo das Linguas o martes 26 de setembro.

O videoclip foi realizado por Sagüillo sobre a canción "O rap da lingua", do libro-CD-DVD Canta Connosco! publicado por Kalandraka. Neste traballo recupéranse as cancións do disco homónimo de Migallas Teatro gravado en 1996, incorporando as fermosas ilustracións de Óscar Villán e mais 10 divertidos videoclips con karaoke de José Miguel Sagüillo.

A música, letra e voces son de María Campos e Carlos Yus, os arranxos de Paco Dicenta, os músic@s participantes no disco son Paco Dicenta, Xosé Manuel Budiño, Francisco Bouza, Guillermo Fernández e Suso Elías Quiroga. Lucía Cota e Eva María Troitiño fan os coros e os participantes na peza musical son rapaces e rapazas dos obradoiros de expresión dramática “Á procura do tesouro”, de Pontevedra.

Manifestación de Queremos Galego en Santiago
Manifestación de Queremos Galego en Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Minia

Do ano 98🤔😅☹️😖