Dous campións mundiais de triathle

O viveirense Cristóbal Rodríguez, cun quinto posto, lidera a selección española para ser campioa do Mundo por equipos e Aroa Freije proclámase campioa mundial en categoría júnior, nun campionato que se celebra en Viveiro.

Por gcdeportes | Viveiro | 24/09/2017 | Actualizada ás 09:46

Comparte esta noticia

España, co galego Cristóbal Rodríguez como líder, logrou en Viveiro o título de campión do mundo de Triathle por equipos, feito que non acadara nunca ata o de agora. O viveirense, que competía na casa, foi quinto na clasificación individual. Ademais, a lucense Aroa Freije acadou o título de campioa do mundo júnior de Triathle. Foi na terceira xornada do Mundial que se está a disputar na Mariña lucense cando chegaron as mellores noticias para o péntatlon galego.

Na categoría sénior masculina, proclamouse campión do mundo Pieter Oosthuizen (Sudáfrica), mentres que o viveirense Cristóbal Rodríguez, quinto, foi o primeiro español, cunha boa actuación ante o seu público.

Aroa Freije logrou a medalla facendo unha moi boa combinada, na que últimamente non se atopaba cómoda, polo que é un triunfo que lle vai dar confianza cara ao futuro. Ademais o bronce foi para a española María Carnero. En categoría masculina, Raúl Blanco quedou ás beiras da medalla de bronce, facendo unha magnífica competición nunha proba na que había un nivel altísimo. O campión do mundo júnior é o checo Martin Vlach. Na clasificación de clubs masculinos, título para Sudáfrica.

O triathle é unha modalidade deportiva que combina natación, carreira a pé e tiro con pistola láser. Os deportistas comezan co tiro (cinco dianas en 50 segundos), despois a natación (50 metros) e por último a carreira (800 metros), con catro voltas a un circuíto. O campionato do Mundo das modalidades de triathle e biathle reúne en Viveiro a preto de 550 deportistas de 22 países, destacando a presenza de Sudáfrica, con máis de cen participantes, por diante de España (95). Na Mariña lucense participan deportistas de Austria, Alemaña, Bielorrusia, Chipre, República Checa, Ecuador, Exipto, Francia, Reino Unido, Irlanda, India, Italia, Kazajistán, Letonia, Mónaco, Nepal, Paquistán, Portugal, Rusia e Ucraína.

Aroa Freije, ouro en categoría júnior, no alto do podio.
Aroa Freije, ouro en categoría júnior, no alto do podio. | Fonte: @FEGATRIPM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta