Activada a situación de alerta en Viana do Bolo (Ourense) pola proximidade dun incendio a vivendas

A Consellería do Medio Rural activou a 'Situación 2' como medida preventiva ante a proximidade dun incendio forestal ao núcleo de poboación de Umoso, situado no Concello de Viana do Bolo (Ourense).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2017 | Actualizada ás 11:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural activou a 'Situación 2' como medida preventiva ante a proximidade dun incendio forestal ao núcleo de poboación de Umoso, situado no Concello de Viana do Bolo (Ourense).

O incendio permanece activo na parroquia de Tabazoa de Umoso desde as 20,44 horas do sábado e, segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de máis de 20 hectáreas.

Nas tarefas de control participaron, polo momento, tres axentes, 14 brigadas, oito motobombas, dúas pas e medios aéreos.

CONTROLADO O INCENDIO DA MEZQUITA

Por outra banda, o incendio que afecta o municipio ourensán da Mezquita permanece controlado desde as 20,37 horas do sábado, segundo informou a Xunta na mañá do domingo.

As lapas iniciáronse minutos despois das 17,00 horas do sábado na parroquia de Pereiro e afectan a unha superficie de 31,78 hectáreas de monte raso.

Na zona traballaron, desde que se declarase o incendio, un técnico, cinco axentes, 18 brigadas, sete motobombas, dúas pas e medios aéros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta