O Dépor regala unha goleada

O equipo deportivista, que xa perdía 2-0 no minuto 23 e de novo con moitos erros en defensa, encaixa unha avultada derrota por 4-1 co Espanyol. Os de Pepe Mel, con tan só catro puntos, unha xornada máis en postos de descenso.

Por gcdeportes | A Coruña | 24/09/2017 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

Ficha técnica:
RCD Espanyol 4:
Pau López; Víctor Sánchez, David López, Hermoso, Aarón Martín; Darder, Diop (Marc Roca, 70’); Léo Baptistão, Jurado (Sergio García, 65’), Piatti (Granero, 60’) e Gerard Moreno.
RC Deportivo 1: Pantilimon, Juanfran, Schär, Arribas, Luisinho, Guilherme (Andone, min. 69), Borges, Fede Cartabia (Bruno Gama, min. 85), Emre Çolak (Borja Valle, min. 74), Fede Valverde y Lucas.
Goles: 1-0: Léo Baptistão (minuto 5). 2-0: Arribas, en propia meta (22’). 2-1: Celso Borges (53’). 3-1: Gerard Moreno, de penalti (72’). 4-1: Gerard Moreno (90’).
Árbitro: De Burgos Bengoetxea (vasco). Amarelas a Luisinho (19’) e Bruno Gama (93) no Dépor e a Víctor Sánchez (75’) no Espanyol.
Incidencias: partido da 6ª xornada de Primeira División no RCDE Stadium ante 19.585 espectadores, con arredor de 150 seareiros deportivistas.

Pantilimon encaixou catro goles en Cornellá.
Pantilimon encaixou catro goles en Cornellá. | Fonte: lfp.es

Nos primeiros 25 minutos, dous goles en contra; nos últimos 20 minutos, outros dous. En seis xornadas, 15 goles encaixados. Imposible sumar así. Cunha pésima defensa, o Dépor regalou unha goleada por 4-1 ao Espanyol. De nada serviron os bos minutos co 2-0 en contra e o gol de Celso Borges (a afección local chegou a asubiar os seus), un erro de Arribas propiciou un penalti que sentenciou o partido, e o Dépor afundiuse sen remedio. De 18 puntos, os de Pepe Mel suman tan só catro, e recibirán en postos de descenso o Xetafe en Riazor.

Un troco no once con respecto ao Alavés: Emre Çolak por Florin Andone. O Espanyol levaba tres goles en cinco xornadas, pero apenas tardou cinco minutos en adiantarse. Apertura dun Gerard Moreno sen marca, centro dende a dereita e Baptistao que gaña a partida á defensa deportivista para marcar coa testa o 1-0. De novo obrigado a remontar o Dépor. Fede Cartabia tentouno sen éxito en dúas ocasións, pero a balón parado chegou o segundo: córner de Piatti, toque coa testa de Gerard e marca Arribas en propia meta. 2-0 antes do minuto 25. Emre Çolak, en dúas boas ocasións, e Schär dende lonxe tiveron opcións de achegar o Dépor antes do descanso, pero o marcador non se moveu.

Trala reanudación, chegou a mellor versión deportivista. Primeiro Fede Cartabia obrigou a intervir a Pau López, e Celso Borges fixo o 2-1 tras xogada individual e asistencia de Luisinho. Pepe Mel deu entrada a Florin Andonde por Guilherme para ir a polo empate, pero un erro de Arribas, que perdeu a pelota na área propia e non puido evitar derrubar o rival, propiciou o 3-1 de Gerard Moreno dende os once metros. Pantilimon adiviñou a dirección pero a estirada foi baldía.

O Dépor, con Pepe Mel desesperado na banda, acusou o golpe e quedou afundido e o Espanyol tivo ata tres ocasións para facer o cuarto. Pantilimon regalou o balón a Sergio García, pero o seu remate en parábola foiselle alto. Entraron Borja Valle e Bruno Gama, pero o 4-1 chegou no tempo engadido: centro de Leo Baptistao e remate a pracer de Gerard Moreno. Cuarta derrota en seis xornadas, e o Deportivo segue unha xornada máis en postos de descenso, con tan só 4 puntos.

Arribas, gol en proia e un penalti cometido, abatido.
Arribas, gol en proia e un penalti cometido, abatido. | Fonte: lfp.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta