Continúa activo o incendio de Viana do Bolo (Ourense) e queda extinguido o que afectaba á Mezquita (Ourense)

O incendio que desde a tarde do pasado sábado afecta á parroquia de Tabazoa de Umoso, en Viana do Bolo (Ourense), permanece activo e xa calcinou máis de 100 hectáreas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2017 | Actualizada ás 20:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O incendio que desde a tarde do pasado sábado afecta á parroquia de Tabazoa de Umoso, en Viana do Bolo (Ourense), permanece activo e xa calcinou máis de 100 hectáreas.

Este incendio obrigou na mañá do domingo a desaloxar a aldea de Umoso pola proximidade das lapas ás vivendas. Pasadas as 15,00 horas, a Xunta decretou o final da 'Situación 2', polo que os veciños puideron regresar ás súas casas.

Desde o seu inicio ás 20,44 horas do pasado sábado, na zona traballaron un técnico, nove axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, dúas pas e medios aéreos.

EXTINGUIDO A MEZQUITA

Por outra banda, o outro incendio rexistrado en Galicia este fin de semana, o que afectaba o municipio ourensán de A Mezquita, quedou extinguido poucos minutos antes das 19,00 horas deste domingo.

O lume, declarado na parroquia de Pereiro na tarde do sábado, calcinou unha superficie de 31,78 hectáreas de monte raso.

Nas tarefas de extinción participaron un técnico, sete axentes, 18 brigadas, sete motomboas, dúas pas e medios aéreos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta