Temas: LUMES INCENDIOS

Controlado o incendio de Viana do Bolo (Ourense) que afecta a 361 hectáreas

O lume leva activo desde o pasado sábado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por controlado o incendio que desde o sábado afecta o municipio ourensán de Viana do Bolo e que, polo momento, calcinou xa 361 hectáreas na parroquia de Tabazoa de Umoso.

Varios focos de lume no incendio
Varios focos de lume no incendio

O lume permanece baixo control desde as 14,52 horas deste luns e, segundo as últimas estimacións, a superficie afectada elévase ata as 361,56 hectáreas, catro delas de monte arboledo e as restantes de monte raso.

O incendio iniciouse ás 20,44 horas do pasado e obrigou a desaloxar a aldea de Umoso na mañá do domingo pola proximidade das lapas ás vivendas.

Desde a tarde noite do sábado, na zona traballaron un técnico, 14 axentes, 50 brigadas, 20 motobombas, catro pas e medios aéreos.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antilumes

Díxome un veciño dunha prima dunha parenta de Feijoo que todo esto dos incendios é obra dos cataláns!