Din que puxeron a cámara oculta na cafetería do hospital por un roubo na caixa

O sindicato CIG asegurou este luns que a empresa concesionaria do servizo de cafetaría do Hospital Clínico de Santiago, Aramark, recoñeceu a instalación dunha cámara oculta na sala de descanso do persoal, algo que atribuíu a un "descuadre de caixa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2017 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

Nun comunicado, o sindicato indicou que, ao día seguinte de facer a denuncia pública, a empresa mantivo unha reunión co comité no que recoñeceu a súa instalación e dixo descoñecer se había "máis cámaras", xa que "esta fora unha decisión adoptada polos servizos sociais da empresa en Barcelona".

Cámara oculta atopada no lugar de descanso dos traballadores da cafetería do hospital de Santiago
Cámara oculta atopada no lugar de descanso dos traballadores da cafetería do hospital de Santiago | Fonte: cig

Segundo contou a empresa á CIG, Aramark contratou a un detective tras detectar un descuadre de caixa na cafetaría, e dixo que foi este detective o que instalou a cámara.

Para a CIG, é "totalmente desproporcionada a medida adoptada", dado que tampouco se puxo en coñecemento do comité de empresa a situación que estaba a ter lugar. Ao mesmo tempo, incidiu no "agravante" de que a cámara tiña micrófono e que non se lles "permitiu o acceso" ás imaxes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta