Os empresarios galegos, "radicalmente en contra" do referendo "ilegal" de Cataluña

Trasladan o seu "total apoio" á legalidade vixente e "ao cumprimento estrito das leis".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2017 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

As confederacións empresariais galegas mostráronse "radicalmente en contra" do referendo catalán, convocado para o vindeiro domingo 1 de outubro, e trasladaron a súa "forte preocupación" polas consecuencias da situación política do territorio para todo o Estado.

Membros da Confederación de Empresarios de Pontevedra co conselleiro de Economía
Membros da Confederación de Empresarios de Pontevedra co conselleiro de Economía

"Calquera melloría da actividade económica necesita de seguridade xurídica e estabilidade, e a historia mostra que a maior unión e tamaño, maior forza e desenvolvemento socioeconómico", sinalan as entidades nun comunicado conxunto.

Os empresarios defenden "a actual configuración do estado das autonomías" e rexeitan "calquera solución que supoña incrementar as diferenzas entre rexións, aumentando a desigualdade e a pobreza" do país.

Por iso, trasladan o seu "total apoio" á legalidade vixente e "ao cumprimento estrito das leis", a Constitución española e a lexislación internacional, sobre todo a da Unión Europea.

Neste sentido, apostan "polo diálogo" e pola procura de "solucións consensuadas", sen que isto supoña "máis privilexios para unhas rexións en detrimiento doutras. A pesar diso, as confederacións apoian, á súa vez, "todas as accións que se consideren necesarias" para "facer cumprir a legalidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 Pepe Vara

coño! pero dos horarios ilegais ou das nóminas en ba non che son contrarios.......

6 Xosé

Podían empezar por organizarse eles para defender os intereses económicos das galegas e galegos creando riqueza na Galiza. Unicamente pensan en encher os seus petos. Hai algúns empresarios honrados e decentes, pero estas declaracións demostran a submisión total destas confederacións ao PP.

5 Alberte

Nacín no 60. Lembro que aínda que votara a formacións de esquerda e nacioanlistas, sempre, sempre tiven medo. Ese sentimento que levas dentro e que escoitas na túa casa, cando a túa nai, que non ten estudos mailos vecinhos dín: son os mesmos pero con diferentes colares. E os vecinhos votaban e exaltaban, porque levaban o medo no ADN, aos mesmos pero con diferentes colares. Creo que despois do 1 de outubro, o Estado Espanhol non voltará a ser o mesmo. Moitos de nós, moitos moitos, perdímosvos o medo. E si xa non tes medo, isto non ten volta atrás. A non ser que saquedes os tanques. E sin non os sacades, pois o Estado non vai voltar a ser o que foi até hoxe. Iso sabémolo todos. Viva Catalunha. Pero non só polo referendo. Porque grazas a eles Espanha , polas boas, nunca voltará a ser a mesma.

1 um outro

bem falado

4 galegoexiliado

Teñen toda a razón, porque a democaracia é un mal moi contaxioso e destrutivo. Comézase pidindo un referendo e acábase por pedir contratos fixos, salarios dignos, seguridade social e vacacions pagadas. Mano dura, ley de vagos y maleantes e a sachar o monte. ¿A donde iríamos a parar si ahora todos quixeran liberdade e dereitos democráticos, sociais e laborais?. Ou o que sería peor, acabar coa corrupción e os contratos a dedo, ou a porcentaxe. Nin que esto fuera Venezuela.

3 AS COMEDIAS DA PATRONAL

A CORRUPCIÓN NON TEN RÉPLICA A legalidade que ao parecer defende este colectivo empresarial , tamén é calar a boca cando un día tras doutro os políticos corruptos adxudican obra pública de xeito irregular. E visto que a legalidade desta xente ten as patas moi cortas