Que facer coas nosas fotografías do noso móbil ou cámara

Por axencia | Santiago de Compostela | 26/09/2017 | Actualizada ás 08:45

Comparte esta noticia

Non hai dúbida posible. A popularización da fotografía dixital e as redes sociais cambiou por completo a nosa relación con esta arte.  De ser un recurso limitado, ao que unicamente recorriamos cando estabamos diante dunha ocasión especial (por exemplo unhas vacacións, unha celebración como unha voda ou unha graduación académica) converteuse nalgo totalmente ubicuo. Literalmente, non podemos andar pola rúa sen estarmos seguros que acabemos convertíndonos no fondo da fotografía que toma calquera transeúnte. 

Estímase que cada día subimos a Rede uns 80 millóns de fotografías. Un cálculo aproximado do número de fotografías dixitais tomadas acada a vertixinosa cifra de 400 billóns.

A nivel individual, a moitos de nós que somos afeccionados a tomar imaxes pásanos o mesmo, atopámonos soterrados pola nosa propia febre fotográfica. Por moita capacidade de memoria que teñan, e aínda que cada vez teñen máis xigas e tarxetas con maior capacidade, os nosos móbiles e cámaras sempre acaban ao final colapsados, incapaces por completo de tantas imaxes e vídeos que temos gardadas neles.

Imaxes que moi a miúdo acaban nun disco duro calquera, collendo pó esquecido nun estante do faiado agardando que nos acordemos del, algo que todos sabemos non vai pasar case nunca, salvo miragre. Ou, peor aínda, borradas para sempre nun intre determinado no que necesitamos liberar megabytes de memoria do noso disco duro por algún motivo de urxencia.

Resulta moi curioso e motivo para a reflexión, a fotografía, que naceu da necesidade do ser humano por conservar recordos tanxíbeis das súas experiencias visuais, convertese deste xeito nunha arte case por completo efémera, cuxa vida útil non se prolonga máis aló do tempo que tardamos en pulsar o botón do noso trebello para tomar a imaxe e os segundos que gastamos mirando na pantalla do noso dispositivo o resultado.

Corremos así o risco de perder imaxes que poden ser, co paso do tempo, moi valiosas para a nosa propia imaxe. Un bo xeito de evitar esta posible perda e facelas parte da nosa vida diaria é dar o paso súa impresión en soportes non convencionais. 

Temos que ter en conta que o tradicional álbum de fotos é un obxecto que vai camiño ser exclusivo dos museos. Debemos ser sinceiros con nós mesmos e preguntarnos, se non temos tempo de mirar os centos e centos de fotos que temos na memoria no móbil, imos ter tempo de buscar nos andeis o albume de fotografías de hai tres anos?

A tendencia agora é imprimir as imaxes en soporte como tazas personalizadas baratas. Dende cantidades moi pequenas, aproximadamente uns 7 euros ou menos, podemos personalizar a nosa taza do almorzo ou da oficina coa imaxe que queiramos. A fotografía do noso fillo, unha reunión de amigos, a nosa personaxe de cómic favorita … calquera recurso pode valer para alegrar un pouco un dos obxectos que temos máis preto de nós no día a día.

Outra opción para evitar que as nosas fotografías se esfumen no esquecemento é encargar un foto lienzo barato. En menos de 24 horas podemos ter a nosa imaxe favorita convertida nun cadro listo para colgar en calquera lugar. 

Tags: #fotografía
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta