CxG apoia o dereito a decidir de Cataluña, Galicia e Euskadi e di que o modelo de Estado está esgotado

O líder desta formación Xoán Carlos Piñeiro sae ao paso do artigo publicado en GC por quen foi candidato desta formación en Vigo, Miguel Barros, que criticaba a convocatoria do referendo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/09/2017 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

A dirección de Compromiso de Galicia (CxG) acaba de pronunciarse con contundencia sobre o referendo catalán: “Entendemos que necesariamente o pobo catalán ten que ter dereito a decidir, como o vasco e o galego. Pero tamén o escocés, o canadense e aquel que o reclame. A sociedade así o demanda. É necesario o dialogo para fornecer un convivencia con garantías”, suliña o seu líder, Xoán Carlos Piñeiro.

Xoán Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia
Xoán Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG.

Piñeiro amosou a postura do seu partido logo de que outros dirixentes, como o candidato de CxG en Vigo, Miguel Barros, amosarase moi crítico co referendo catalán. “As acusacións de indolencia política e falta de diálogo son eufemismos para non recoñecer que os independentistas non aceptan outro diálogo que non sexa a separación do estado”, suliñaba nun artigo publicado no GC Aberto, a sección que este medio abre para a participación de cidadáns e colectivo.

Un artigo que foi duramente criticado por parte dos seus compañeiros de partido. “Miguel Barros, non representa ningún órgano de Compromiso por Galicia, nin é candidato a nada neste momento. Respeto á súa opinión pero non a comparto, xa que vai en contra da opinión colexiada de CxG e do noso Camiño como Partido. Fora mellor que tamén Miguel Barros respetase a opinión do Partido e a postura do seu Secretario Xeral, non xerando dubidas no camiño de Compromiso. Posturas de máximos nunca fixeron avanzar á sociedade”, respóndelle Xoán Carlos Piñeiro nun comunicado remitido a Galicia Confidencial.

Críticas a Rajoy

Ademais, suliña que “o inmobilismo e falla de visión do Sr Rajoy esta levando a situación a un posición sen retorno” e que “é hora xa de recoñecer os dereitos históricos a quen os ten”, en alusión a Cataluña.

Piñeiro insiste, nun comunicado remitido a Galicia Confidencial, que o modelo de Estado está “totalmente esgotado”, e que é hora de construír un “Unha Europa dos Pobos”. “Precisase un marco xurídico que ampare as consultas de forma legal e que sexa garante do dereito a decidir e á democracia”, indica en referencia a Gran Bretaña e Canada.

Por iso, cre que “é hora da Democracia e da Política non é hora da forza e da imposición” e que a “Constitución non é un dogma”, senón que tería que ser un “documento vivo e adaptable para medrar como sociedade”.

Finalmente, lembra que Compromiso por Galicia é unha “forza moderna”, que quere impulsar un “camiño de dignidade” para Galicia co máximo autogoberno dentro de Europa e do Estado, e que “sabe firmemente que co actual marco xurídico non é posible”. “O café para todos esta rematado, é hora de construír unha relación nova”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

4 Raxo

Falta un comunicado do que queda de C x G desautorizando a Barros Puente.

3 Nexus 6

Entonces...¿café para unos pocos? ¿Y para el resto, qué? ¿Descafeinado? La razón de rango de nacionalidad histórica viene dada por el hecho de haber aprobado estatutos de autonomía en el 36. En el caso de Galicia, el pucherazo que "aprobó" dicho estatuto es un hecho admitido hasta por quienes pidieron su aprobación. Nada en contra del cambio en el marco político, pero dicho cambio ha de ser entre todos y respetando las reglas y articulando mayorías para ello. Forzar la legalidad porque, dada la disparidad de criterios, ese cambio no se hace posible, es una postura totalitaria.

1 nostrus

Totalmente de acuerdo. Si vamos trocear el pais, primero tenemos que ponernos de acuerdo entre todos y luego lo troceamos, pero yo no le veo ninguna ventaja en trocearlo. La explicacion de los separatistas obedece a motivos racistas y supremacistas.

2 Demócrata Constitucionalista

Si, los que quieren votar son unos racistas y supremacistas, y por ello vamos en masa a su tierra, enarbolamos nuestra bandera en alto y gritamos: A por ellos, oe, oe....!!!!

3 nostrus

Demócrata Constitucionalista. Cierto, los que quieren votar son racistas o supremacistas que piensan que salen ganando porque nos consideran mas pobres que ellos y asi tocarian a mas. Algo tan supremacista como si Amancio Ortega, Patricia Botin, los Daurella, los Tous y unos cuantos mas decidieran independizarse porque asi saldrian ganado. Lo mas sangrante es que muchos de esos separratas son charnegos llegados de otras regiones que dicen que les roban sus familiares que estan en su tierra.

4 Galicia Confidente

Que si chiquillo listo, los patriotas españoles que citas no pagan en Irlanda, ni tienen Sicavs, todo es una gradisima mentira de los rojos, masones y separatistas. De los enemigos de España, vamos. Y lo de gritar "a por ellos, oé!" se refiere a un partido de fútbol, donde el cuerpo militar iba a animar, como fueron a un pabellón de Zaragoza que casualmente tenía cargos electos dentro... Oye, Nostrus, eres un lince! Por cierto, te pagan bien por hacer de mamporrero?

6 nostrus

Pero no te das cuenta de que los separatas tambien tienen cuentas en Andorra. Lo de "a por ellos" puede ser inadecuado, pero por cada vez que se escupe "hacia Cataluña", se escupen miles de veces "desde Cataluña". El problema catalan no lo es tal, sino que es un problema transversal porque en toda España hay renegados y lo demuestra el hecho de la solidaridad que encuentran los renegados catalanes fuera de Cataluña y a la vez en Cataluña hay muchisima gente que no es separatista. Los intereses de los catalanes no pueden chocar con los derechos de los demas españoles, que tambien somos propietarios de todo el territorio español. Los nazis tambien eran muchos y no por ello tenian razon.

7 Galicia Confidente

Cataluña es mi propiedad, proclama Nostrus Animator Confidencial Fanaticus Hispanus Terribilis. Mi propiedad, me suena a mi esposa hace lo que ordeno ya que es mi propiedad, mi hijo no se emancipa por que es mío, el exclavo que me sirve es exclusivo de mi posesión... Que curioso, la ultraderecha fascista coincide contigo! Casualmente, claro! Y son muchísima gente no separatista, tantos que negamos que se pronuncien, no vaya a ser que quedemos en ridículo!

8 Casandra

Caro Nostrus creo que deberías ler estes artigos: https://cincodias.elpais.com/cincod... https://www.elblogsalmon.com/entorn... Quero expresar a miña inquietude porque eu, será que son moi cándida, sempre malia todo crin na integración europea e pensei que mediarían nesta crise. Sigo pedíndolle aos cataláns que non nos deixen sós... E pediría non banalizar certos temas. http://www.lavanguardia.com/politic...

9 Casandra

Dixéronme dende que era unha nena que a UE nos beneficiaría enormemente e agora Europa nin sequera se ofrece a mediar neste imbroglio. Despois preguntaranse por que medra o desapego cara a integración europea. Pero quero deixar tamén a esperanza de que haxa máis voces que piden diálogo. http://www.lavanguardia.com/politic...

2 Ejjjjj que vamos

Sinceramente se entre o BNG, a UPG, o CXG. a IU e a Marea fixesen un partido que se chamase "Queremos vivir do conto" seguro que lles ía mellor e non enganaban a ninguén. O peor é que terían que poñer a sede preto dun Centro de Saúde para curar tanta ost.... entre eles. Outros que se unen ao sectarismo dos fasciosos cataláns. O PP débsese estar frotando as mans, xa ten outra maioría absoluta a 3 anos vista.

1 DENDE VILALBA

Cal PP o dos barcos de Piolín? o PP ten medo a unha opción galeguista de certo como CxG.

2 Valdeorras Nazón

Ja,ja,ja, de certo, sí. O PP medo a un partido que non saca un deputado e que non é máis que un grupo de amiguetes mal avenidos, como ben se pode ver.

3 Casandra

http://www.eldiario.es/zonacritica/... Lembro que me levantei un día sendo impoñedora da lingua de meus pais, avós, bisavós e tataravós. Lembro cando mo repetiades a todas horas e lembro ter chorado de impotencia diante desa campaña. Lembro ter escrito que o que estabades a facer tiña repercusións en Cataluña porque así mo facía chegar moita xente... Malia vós, que me acusastes de impoñedora da miña lingua materna, sigo sendo federalista e sigo pedíndolles aos cataláns e catalás que se queden... Que non me fagan sentir máis estranxeira na miña patria do que me sinto cos que me acusan de "impoñer" a lingua dos meu defunto pai... Fixestes revivir en min todo o calvario que pasara sendo unha nenagalegofalante nun centro escolar dunha vil. Algún día escribirei sobre isto: a dor que me provocaron daquela e a que vos revivistes en min.

4 Casandra

E por certo, mellor que non nolo contedes a nós, os nacionalistas ou galeguistas, porque xa temos o conto moi oído... Ide a ver se atopades un corresponsal foráneo que seguramente quererá saber a vosa opinión: http://www.lavanguardia.com/politic...

1 Noa Ramos

Básicamente, a mesma idea que o BNG. O cal demostra que tanto partidiño nacionalista non é máis que un problema de postos e cargos

1 Forza 10

Non debes saber ler, o BNG nunca defendeu estar dentro de Europa e do Estado, cambia moito o conto.