Seguirán os galegos pagando peaxes na AP-9?

PPdeG e oposición non se poñen de acordo sobre a transferencia da infraestrutura viaria máis importantes e máis transitada de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/09/2017 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

“Canto tempo máis seguirá a AP-9 como competencia do Estado e non en mans dos galegos?”. Esta pregunta foi feita por partida dobre este mércores na Cámara galega. Socialistas e nacionalistas reclamáronlle a Alberto Núñez Feijóo que asuma as súas funcións e o seu compromiso para que esta transferencia pase á Xunta e recrimináronlle que actúe máis coma un “delegado do Goberno español” en Galicia que coma presidente de todos os galegos.

Autopista AP9 Chapela hacia Vigo
Autopista AP9 Chapela hacia Vigo

“Farémolo con diálogo e consenso e en función do que nos digan os letrados do Parlamento”, contestou o presidente da Xunta logo de acusar a PSdeG e BNG de permitir que esa autopista siga en mans do Goberno español tras os pactos que fixeron durante o goberno de Rodríguez  Zapatero.

Neste sentido, Feijóo lembrou que grazas as súas negociacións co Goberno español conseguiu que os galegos deixen de pagar 400 millóns de euros, que era o que se consignaba nos Orzamentos Xerais da Comunicade para esta infraestrutura. “Agora só van ter que pagar nas cabinas e non nos orzamentos”, dixo.

“Filibusterismo político”

Socialistas e nacionalistas acusárono de botar balóns fóra e evitar, agora, que AP-9 pase a mans galegas. “Aprobamos todos neste Parlamento que se suprima esa peaxe pero vostede está facendo filibusrismo político. Está calado e mudo”, espetoulle o líder parlamentario do PSdeG,Xaquín Fernández Leiceaga. “Importalle un pito Galicia e pasase polo forro os acordos aprobados por esta Cámara”, engadiu a voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón.

De feito, as dúas formacións da oposición anunciaron sendos recursos legais para tentar que a AP-9 pase a mans galegas. Pontón anunciou que presentará un recurso ante o Tribunal Constitucional para “evitar que continúe unha estafa” para o noso país. E foi aínda máis lonxe ao reclamar unha declaración institucional reporbando a actitude de Rajoy e Ana Pastor por “desprezar” a Galicia.

Pola súa banda, o PSdeG recomendou a presentación dun conflito de competencias ante o Tribunal Supremo. “Tamén podemos ir todos os grupos galegos ante Rajoy para que se cumplan os compromisos”, engadiu.  O presidente galego remitiu aos dous direxentes da oposición ao dictame dos letrados da Cámara. “E a ver se cumpren o que di”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 anonimo

Son cousas do presidentiño, que é ben mandado.

1 anonimo

Non é certo que se AP 9 pasase a xunta, desaparecerían as peaxes. Eso é algo demagóxico

1 Yaestabien

Si mientras gobierne el cobarde de Rajoy y el ma ri ca de feijoo