Temas: OURENSE FEIJóO

Feijóo acusa á oposición de bloquear a gobernabilidade en Ourense

Asegura que esta cidade ten que prorrogar os seus orzamentos porque os grupos da oposición néganse a presentar contas alternativas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/09/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Unha das bazas do PPdeG e do seu líder, Alberto Núñez Feijóo, para tentar recuperar o poder nas grandes cidades é a estabilidade política. Unha estabilidade que ten en moitos pequenos concellos con maioría absoluta pero non na principal cidade que goberna en solitario, Ourense. 

Feijóo e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, cando era conselleiro de Educación
Feijóo e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, cando era conselleiro de Educación | Fonte: xunta.es

E tras as críticas realizadas a outros grandes concellos, sobre todo A Coruña, Ferrol e Compostela, onde gobernan as mareas, aos que acusa de inestabilidade politica, Feijóo tivo que recoñecer que tamén en Ourense a situación de gobernabilidade é difícil. Nesta cidade, o goberno local que lidera o PPdeG foi incapaz de aprobar uns orzamentos, e leva con eles prorrogados desde o ano 2015. 

Unha situación da que o presidente da Xunta fai responsable a “todos os grupos”, pero especialmente, aos da oposición. “Non hai ningún grupo na terceira cidade máis grande de Galicia que poida sacar uns orzamentos e diso teñen responsabilidade todos eles”, dixo incluíndo no conxunto ao propio PPdeG.

Con todo, tamén quixo botar balóns fóra e destacou que se non hai unhas contas aprobadas é porque os grupos da oposición ( Democracia Ourensá, PSdeG e Ourense en Común) non presentaron uns orzamentos alternativos. “É un bloqueo do sistema democrático e xa saben que eu estou en contra dos bloqueos en democracia”, respondeu tras ser preguntado por GC sobre a inestabilidade desta cidade que goberna o PPdeG.  Un bloqueo, que con todo, os populares realizan noutros concellos nos que non gobernan, como son os de Compostela, A Coruña, Lugo, Ferrol ou Pontevedra.

Temas: OURENSE FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Pataqueiro

Feijoo, vai apañar as patacas coa conselleira e págalle a Montoro o que lle debes a España, que se esperas a que o "buraco negro" de Facenda polo roubo do PP o paguen os cataláns podes ir asubiando.

1 Albert Rivera

Entón como se chama o que fai o PP en Santiago, Coruña, Ferrol, Pontevedra...