Anuncian pena de cárcere a un directivo de Blusens por fraude fiscal

Unha sentencia condenaría a un empresario a 9 meses de cadea e ao pago dunha indemización de 900.000 euros.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/09/2017 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

Blusens Technology, unha das filiais máis importantes do grupo compostelán de trebellos tecnolóxicos, acaba de ser condenada como responsable subsidiaria por ser o epicentro dunha trama de “fraude fiscal”. Así o acaba de fallar a Audiencia Provincial de A Coruña nunha sentencia, segundo cita X.R.M. en Economía Digital.

José Ramón García, dono de Blusens
José Ramón García, dono de Blusens | Fonte: economidades.com

Un dos seus directivos terá que afrontar unha pena de cárcere de 9 meses indemnización de preto dos 900.000 euros polas cantidades defraudadas en 2005 e 2006. A Xustiza cúlpao de usar un rede de empresas intracomunitarias para falsear operacións de venda de microprocesadores coa “única finalidade” de defraudar o IVE.

Hai anos que o grupo Blusens pasa por malos momentos financeiros. Blusens Technology, a filial a través da cal o grupo de José Ramón García adquiría o material, entrou en concurso de acredores en 2013 e até o de agora non conseguir da intervención. 

GC tentou que Blusens dese o seu punto de vista sobre a primicia de Economía Digital, pero a empresa non publica ningún teléfono ou email de contacto na súa web, máis aló do contacto para incidencias técnicas, no que salta unha música continuamente. Dende esta primavera non actualiza as súas redes sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

Son a xeración que medrou coas ensinanzas do Mario Conde e todas as alimañas que agora saen á luz...nada novo baixo o sol