Ex-concelleiro de Vigo, novo xefe de Emerxencias da Xunta

Como adiantou GC hai unha semana, Marcos Araújo será o novo xerente da Axencia Galega de Emerxencias tras a dimisión do anterior responsábel.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/09/2017 | Actualizada ás 08:53

Comparte esta noticia

A Xunta confirmou este xoves que o ex-concelleiro do PP en Vigo ocupará o cargo que deixou vacante Juan José Muñoz. Araujo era até hoxe o responsábel do parque de bombeiros do Porriño.

As novas instalacións do 112 Galicia na Estrada (Pontevedra).
As novas instalacións do 112 Galicia na Estrada (Pontevedra).

GC adiantou o seu posible nomeamento o 20 de setembro.  O político conservador é enxeñeiro forestal e ten formación superior en Riscos Laborais.

Unha das súas tarefas será renegociar o novo mapa de emerxencias con concellos e deputacións. Muñoz dimitiu segundo a Xunta alegando motivos persoais, pero tamén é certo que estivo ao fronte do 112 durante unha dura folga na que non demostro  n ovo mapa de emerxencias u moita capacidade negociadora.

Tags: #Emerxencias
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta