Centos de músicos galegos mostran apoio ao referendo ao ritmo de L’Estaca

Baixo o nome de Músicas Galegas Amb Catalunya, o venres da semana pasada, hai hoxe umha semana, nacía das redes sociais un grupo de músicos galegas que acordarom gravar un vídeo clipe para mostrar "o seu apoio e solidariedade co pobo catalám e en favor do dereito a votar e a decidir".

Por Galicia Confidencial | | 29/09/2017 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Os promotores explican que "en só uns días o grupo de facebook creado para organizar isto, atinxía máis de 600 músicos". Os artistas, ademais dun manifesto a prol da consulta, acaban de publicar esta versión de L'Estaca en galego para mostrar "o seu cariño e afecto" polos soberanistas:

Músicas Galegas Amb Catalunya  cantan L'Estaca
Músicas Galegas Amb Catalunya cantan L'Estaca | Fonte: GZmúsica GZ youtube

Tamén denuncian a "deriva profundamente antidemocrática do goberno español" que consideran un "golpe unilateral e autoritario dun goberno central que desoe a maioría dun pobo pacífico". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta