Comeza o primeiro ciclo en Galicia sobre xestión e tratamento da auga

Unicamente Cataluña dispoña dun ciclo de FP especializado nas redes de auga como o que botou a andar estes días en Santiago de Compostela, o que facilitará a integración laboral dos alumnos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/09/2017 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

Os alumnos do primeiro ciclo de FP dual da auga  “Redes e Estacións de Tratamento de Augas” comezaron as clases o pasado día 18 de setembro no Politécnico de Santiago de Compostela.  A primeira FP Dual da auga é un ciclo de nova implantación en Galicia que formará a catorce alumnos como técnicos especialistas no ciclo integral da auga.

Primeiro curso do ciclo da FP Dual da auga que promoven Viaqua e Educación
Primeiro curso do ciclo da FP Dual da auga que promoven Viaqua e Educación

Onte recibiron a visita de responsables dos promotores, a empresa de xesión da auga Viaqua encabezados polo seu Director  Julio Masid, e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, representada polo director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira.

Tanto o director do Politécnico, José Manuel Leis coma o Director de Viaqua, coincidiron en manifestar que este ciclo medio “xenera moitas espectativas”  e o feito de que sea pioneiro en España -tan só hai outro de similares características en Cataluña- “incrementa o potencial de quen o remate con éxito consiga emprego”.

Pola súa parte, Manuel Corredoira afirmou que a FP Dual favorece “ensinanzas adaptadas ás necesidades das empresas”, e destacou o alto nivel da formación que ofrece este ciclo.

Os promotores do ciclo destaca que estamos ante "unha oportunidade nova de formación profesional que, grazas á colaboración entre a Consellería de Educación e a iniciativa privada de Viaqua, amplia a posibilidade de acceso dos máis novos ao mercado laboral",

Ao longo do primeiro trimestre de cada curso os alumnos asistirán a clases, en tanto que nos segundos e terceiros trimestres levarán a cabo actividades prácticas na propia empresa. A formación curricular deste novo título de formación profesional contará cunha formación complementaria e outra na empresa que se desenvolverá en instalacións que xestiona Viaqua. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta