Temas: MONFORTE

O concello de Monforte apoia o emprendemento

A Xunta de Goberno local desta semana deulle luz verde á creación dunha partida de 25.000 euros no orzamento municipal coa que se pretende promover a creación de empresas e de emprego no Concello de Monforte.

Por GC Emprende | Monforte | 29/09/2017 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia

O Alcalde, José Tomé, destaca que “deste xeito, cumprimos coa finalidade de colaborar de forma activa na xeración de emprego no noso municipio,  apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais ou ben, conseguir que se amplíen empresas xa existentes”.

Emprendemento
Emprendemento

O obxectivo da convocatoria é o de fixar poboación no Concello e contribuír a que haxa un crecemento sostible. Por outra parte, o mandatario local sinala que “con esta actuación estamos dando cumprimento a un dos nosos compromisos cos orzamentos municipais de 2017, axudando a que as empresas contraten máis traballadores. Cómpre destacar tamén que esta é a primeira vez que se establece este tipo de axuda no Concello de Monforte”.

A estas axudas van poder acollerse os empresarios e as pequenas e medianas empresas, con independencia da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017; ou ben, que contrataran persoal nese período de tempo. É imprescindible que teñan o seu enderezo fiscal e social en Monforte

A finalidade das subvencións é facer fronte a parte dos gastos derivados da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses da actividade. O importe máximo da axuda será de 1.500 euros por beneficiario e non poderá superar o 50% dos gastos efectuados durante o período indicado.

Cómpre sinalar que esta contía incrementarase nun 25% en caso de que a persoa beneficiaria sexa muller ou unha persoa con discapacidade. As bases da convocatoria están na web do concello.

Temas: MONFORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta