Unha Rosalía "optimista, rebelde e transgresora", protagonista do mercado que se celebra este sábado en Santiago

O mercado ofrece camisetas, bixutaría, cervexa, libros e discos coa autora como protagonista

Santiago de Compostela | 30/09/2017 | Actualizada ás 12:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A compostelá Praza de Cervantes acolle este sábado o 'Mercado Rosaliano', que ten como protagonista, como non podía ser doutro xeito, á escritora e poetisa Rosalía de Castro. Pero esta vez, indicou a presidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, ofrécese unha visión "optimista, rebelde e transgresora" da autora de Cantares galegos.

Inauguración do mercado rosaliano
Inauguración do mercado rosaliano | Fonte: Europa Press

"A ela encantaríalle saír desa estatua (a estatua na súa honra situada na Alameda de Santiago) e ver que no seu país é un referente e unha bandeira", asegurou a presidenta da Deputación coruñesa, quen explicou que esta iniciativa é consecuencia de dous motivos.

En primeiro lugar, o centenario da estatua de Rosalía de Castro na Alameda da cidade e, en segundo lugar, porque as entidades organizadoras --Deputación, Concello de Santiago, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e Fundación Rosalía de Castro-- quixeron "liberar" á autora desa estatua e que, como unha "heroína", "voase lanzando as súas palabras cheas de reflexións filosóficas que están vivas hoxe".

"Levantou unha bandeira por nós, polo país, pola lingua e polas mulleres. Creo que esta visión dunha Rosalía optimista, rebelde e transgresora faríaa moi feliz", opinou Goretti Sanmartín.

MERCADO: CAMISETAS E ARTESANÍA

A continuación, fixo fincapé en que Rosalía de Castro é o "símbolo nacional" en cantidade de iniciativas, como camisetas, cerámica, e artesanía. En definitiva, sostén que se trata dun elemento que pode contribuír á "dinamización económica" e ao "coñecemento e identificación" do conxunto de Galicia con ela.

De feito, no mercado de produtos coa marca Rosalía que se celebra este sábado na Praza de Cervantes, e no que participan unhas 20 empresas, pódense atopar camisetas, bixutaría, cervexa, libros e discos coa autora como protagonista. Está aberto ata as 20,00 horas.

Pola súa banda, o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, asegurou que para esta fundación é unha honra poder participar neste proxecto que celebra que a autora está viva e que o proxecto que ela axudou a desenvolver tamén. "Rosalía non só está viva, non só é pedra: Rosalía está máis viva que nunca", subliñou, para logo engadir que proba diso é que o mundo do deseño e do 'merchandising' resérvanse está figura.

A continuación, o presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, celebrou o feito de que Rosalía "salga á rúa", á vez que remarcou que Compostela é unha cidade "literaria": "Todo escritor galego leva a Compostela dentro".

"ÍA POR DIANTE DOS seus TEMPOS"

Na inauguración do 'Mercado Rosaliano' tamén participou o rexedor de Santiago, Martiño Noriega, quen asegurou que, para o Consistorio, é unha honra participar na conmemoración do centenario da estatua de Rosalía.

Sobre a autora de Follas Novas, "ás veces alcumada como tola porque ía por diante dos seus tempos", fixo fincapé en que Santiago estará "en permanente débeda" con ela.

Ao acto tamén acudiron a concelleira de Igualdade, Marta Lois, e os portavoces do PP e do PSOE no Concello de Santiago, Agustín Hernández e Paco Reyes.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta