Berros en Madrid pola “unidade de España”, a prol da ultradereita e contra Puigdemont e Rajoy

Centos de españolistas maniféstanse na capital do Estado contra o referendo de independencia en Cataluña. Houbo ameazas a reporteiros de TV3, o 'Cara al sol" e chamamentos á unidade de España e pola absolución dos neonazis condenados polos ataques ao Centro Cultural Blanquerna. Así foi a concentración organizada pola Fundación para la Defensa de la Nación Española en Madrid.

Por Alberto Quian | Madrid | 30/09/2017 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

Centos de persoas envoltas en bandeiras españolas arrodearon este mediodía o Ayuntamiento de Madrid para expresar o seu rexeitamento ao referendo de independencia catalán e esixir a "unidade de España". Na véspera da consulta en Cataluña, a Plaza de Cibeles, presidida polo impoñente Palacio de Comunicaciones, que hoxe alberga o consistorio madrileño —deseñado polo arquitecto galego Antonio Palacios—, foi o punto de reunión elixido polos convocantes desta manifestación, a Fundación para la Defensa de la Nación Española (DENAES).

Manifestación fronte o Ayuntamiento de Madrid contra o referendo de independencia en Cataluña
Manifestación fronte o Ayuntamiento de Madrid contra o referendo de independencia en Cataluña | Fonte: Galicia Confidencial.

Até alí achegáronse arredor dunhas 3.000 persoas de todas as idades (había avós, pais e fillos), case todas portando bandeiras constitucionais, pero tamén algunha do pasado franquista, e algúns con estética neonazi. Así, tinguiron Cibeles e a principal arteria madrileña, a Gran Vía, das cores da 'rojigualda', centrando o seu foco no Ayuntamiento de Madrid, gobernado por Ahora Madrid e a alcaldesa Manuela Carmena. Dende hai xa tempo, Carmena e o seu equipo de goberno son vistos por grupos da capital de España como inimigos da unidade de España e dos valores conservadores da dereita, pola súa proposta de diálogo e achegamento tanto ao nacionalismo catalán como ao goberno local de Barcelona, encabezado por Ada Colau, pero tamén pola súa vinculación a Podemos. Por iso non estraña que esta concentración españolista tivese no punto de mira o Ayuntamiento madrileño. 

Na concentración puidéronse escoitar berros contra o presidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont, para o que os españolistas pediron "prisión". Pero tamén houbo apupos dirixidos ao presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, quen non se librou dos insultos e das demandas máis extremistas da dereita e ultradereita españolas: "Señor Rajoy, despierte y ponga orden" ou "Rajoy, cabrón, defiende la nación" foron algunhas das mensaxes dirixidas ao xefe do Executivo español.

Tampouco se libraron a alcaldesa de Madrid, á que os manifestantes berraron “Eo, eo, eo, Carmena no te veo”, nin algúns medios de comunicación, como TV3, cuxos reporteiros na capital do Estado foron perseguidos e acosados por varios manifestantes, até o punto de que o cámara tivo que retirar o distintivo da canle pública catalá para poder seguir traballando.

Un dos momentos de maior exaltación da nación española e dos seus símbolos foi cando un reducido grupo de mozos conseguiu subir a unha zona alta na entrada do Palacio de Comunicaciones e alí despregou unha pancarta co lema "Sí a España" sobre a bandeira 'rojigualda'.

Concentración en Madrid no Centro Cultural Blanquerna, delegación da Generalitat de Cataluña
Concentración en Madrid no Centro Cultural Blanquerna, delegación da Generalitat de Cataluña | Fonte: Galicia Confidencial.

O 'Cara al sol' como final e saúdos fascistas por parte dalgúns, e berros de "España, unida, jamás será vencida""No nos engañan, Cataluña es España" ou en apoio á Policía Nacional, a Guardia Civil e mesmo a Legión foron a banda sonora desta concentración que fixo cortar o tránsito de vehículos en Cibeles e Gran Vía.

BLANQUERNA

Precisamente en Gran Vía, a uns 200 metros de Cibeles, o Centro Cultural Blanquerna, sede da delegación da Generalitat en Madrid e obxecto de ataques no pasado por grupos de ultradereita española, a Policía Nacional montaba un amplo dispositivo para protexer este centro. Alí, un reducido grupo da plataforma ULIS (Unidos, libres, iguales y solidarios) despregou unha pancarta co lema "Los ciudadanos catalanes son España. No nos separarán".

Na contorna, outro cartel solidarizábase cos membros neonazis da ultradereita española condenados a entre 3 e 4 anos de cárcere polo asalto en 2013 a Blanquerna en Madrid, co lema "Defendemos España, Blanquerna absolución".

Xa cara as 14.00 horas, Cibeles foise baleirando e moitos dos manifestantes encheron as terrazas madrileñas de 'rojigualdas', cervexas e petiscos

O Centro Cultural Blanquerna, delegación da Generalitat de Cataluña, protexido pola Policía Nacional durante a manifestación contra o referendo de independencia en Cataluña
O Centro Cultural Blanquerna, delegación da Generalitat de Cataluña, protexido pola Policía Nacional durante a manifestación contra o referendo de independencia en Cataluña | Fonte: Galicia Confidencial.
Manifestación españolista en Cibeles, fronte o Ayuntamiento de Madrid, contra o referendo de independencia en Cataluña
Manifestación españolista en Cibeles, fronte o Ayuntamiento de Madrid, contra o referendo de independencia en Cataluña | Fonte: Galicia Confidencial.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Anti..

É normal o de Madrid son os parásitos do estado, normal que non queiran que se vaian os que os manteñen a corpo de rei.

1 VNAC

Infórmate bien. Madrid es una de las pocas comunidades con saldo positivo en las cuentas de la Seguridad Social, No se trata de un reunión de liberados de la CIG.

2 Olee

Claro teniendo la sede de empresas que acaban con el resto de las comunidades destrozando ríos y aguas y acabando con el territorio de otras comunidades igual que cuando van de vacaciones que destrozan todo eso son los madrileños

2 Ya está bien

Viendo esto me convenzo más de que España está llena de franquistas y que la democracia no existe

1 anonimo

ja ja ja ja sois únicos. Fue una chulada de manifa, gente de todas las edades, con todo el poder en contra (el pp mandó whataspps a militantes para que no fueran. ¿Blanquerna? nooo se coreaban consignas a favor de España, algo normal si estamos en España ¿no?

2 Mirandosolpores