O bloque de centro dereita de Tui rexistra a moción de censura contra o alcalde socialista

O portavoz municipal de Converxencia 21, Carlos Váquez Padín, perfílase como novo rexedor co apoio do PP, Alternativa Popular de Tui e Cidadáns Tudenses.

Por E.P. | Tui | 02/10/2017 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

O bloque de centro dereita do Concello de Tui (Pontevedra) rexistrou este luns pola mañá a moción de censura contra o rexedor socialista, Enrique Cabaleiro, segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais.

Carlos Vázquez Padín, presidente de CXXI
Carlos Vázquez Padín, presidente de CXXI

A moción de censura, asinada por PP, Alternativa Popular de Tui, Converxencia 21 e Cidadáns Tudenses, veuse fraguando practicamente desde as últimas eleccións municipais de 2015, pero non se materializou ata agora por diverxencias entre os grupos da oposición.

Tras os últimos comicios locais, a corporación municipal de Tui quedou repartida entre oito partidos e as diferenzas entre as formacións de centro dereita impediron un acordo de goberno a pesar de que reunían nove edís fronte ao oito de PSOE, BNG, Son de Tui e Alternativa Tudense.

Finalmente, o socialista Enrique Cabaleiro foi elixido alcalde e conformou goberno con BNG, Son de Tui e Altenrativa Tudense. Mentres, os partidos da oposición non deixaron de mover as súas fichas para desbancar a Cabaleiro e, despois de dous anos, con períodos de negociación intercalados por períodos de bloqueo, precipitouse a censura.

O principal obstáculo para o acordo estaba na esixencia por parte de Converxencia 21 de que as cabezas de lista de PP, Alternativa Popular Tudense e Cidadáns Tudenses (Antonio Fernández Rocha, Manuel González e José Manuel Sousa, respectivamente) debían dimitir. Tras formalizarse a renuncia destes edís e tomar posesión os seus substitutos no pleno da pasada semana, configurouse a presentación da moción de censura.Tras este acordo, o portavoz de Converxencia 21, Carlos Vázquez Padín, perfílase como novo alcalde.

CABALEIRO: "NON FOI UNHA SORPRESA"

O aínda alcalde Tui, Enrique Cabaleiro, explicou en declaracións a Europa Press que a presentación da censura "non foi unha sorpresa", tendo en conta que, xa desde o día despois das últimas eleccións, "xa se notaba no ambiente esa posibilidade".

"Eu non cuestiono a lexitimidade da moción de censura", afirmou, aínda que lamentou que "co que está a ocorrer en Cataluña, os feitos máis graves da recente democracia, o PP se dedique agora a mocións de censura".

Con respecto ao seu futuro, Enrique Cabaleiro explicou que aínda non tomou unha decisión sobre se quedará ou non na oposición no Concello de Tui.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Argonauta

Se un Alcalde Sociolisto do único que se lembra, nunha tesitura como esta, é de dar-lle "caña" a Catalunya, ven censurado que está.........

3 IndePPendente

Vergoñento. A ambición todo o pode. Xa se ve o rápido que esqueceu Padín o papelón do PP no accidente do Alvia.

2 Bloque de mantidos

Parabéns BNG!!! Ides ter alcalde en Tui, como na Cañiza, Porqueira ou Portomarín. Que grandes líderes criou o BNG para logo servir ao Partido Podre!!! O preocupante non son os que marcharon, o serio son os que están e pronto van servir a un amo que lles pague mellor. Algún dos que tanto defendedes, seguro!!!

1 Mikken de Vigo

Pois Padín xa ten o que sempre desexou, ser alcalde.

1 Cuiña

A calquera prezo ¡¡¡