Que autonomías son as máis beneficiadas e prexudicadas fiscalmente?

Madrid ten un saldo fiscal negativo de 19.205 millóns de euros, mentres que o déficit catalán é a metade, 9.892 millóns. Galicia é a cuarta autonomía máis beneficiada polo sistema de solidariedade autonómica, cun saldo positivo de 3.692 millóns, case o mesmo que Euskadi. No gasto territorializable por habitante, os máis prexudicados son valencianos e murcianos e os más beneficiados, ceutís, melilleses, vascos, navarros e canarios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/10/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Catro autonomías aportan ás arcas do Estado máis do que reciben: Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciá e Baleares. No resto, os seus cidadáns reciben en gasto público máis do que aportan á caixa común. En conxunto, madrileños, cataláns, valencianos e baleáricos suman un déficit fiscal total de 32.348 millóns de euros, a mesma cantidade que se distribúen entre as trece autonomías restantes máis Ceuta e Melilla, todas elas cunha balanza fiscal positiva. Pero hai unha autonomía que é, con diferenza, a peor parada no Sistema de Cuentas Públicas Territoriales (SCPT), as coñecidas como balanzas fiscais; esa autonomía é Madrid, que soporta practicamente o 60 por cento deses 32.348 millóns de euros de déficit. Cataluña é a segunda máis prexudicada neste sistema, pero o seu déficit fiscal é a metade do madrileño.

Unha oficina da Axencia Tributaria
Unha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Ministerio de Hacienda

O prestixioso economista Ángel de la Fuente, director executivo da Fundación de Estudios de Economía Aplicada (FEDEA) e científico titular en excedencia do Instituto de Análisis Económico do CSIC, analizou e publicou recentemente os últimos datos dispoñibles das balanzas fiscais, que sitúan o déficit de Madrid en 19.205 millóns de euros, un saldo negativo que se foi incrementando progresivamente ano tras ano, desde os 16.433 millóns en 2005 até os actuais 19.205. Para Cataluña o saldo negativo é de 9.892 millóns, practicamente a metade que o madrileño. Se ben é certo que son 2.000 millóns menos que en 2005, cando se elevaba a -11.887 millóns de euros, tamén é algo máis de 2.000 millóns máis que en 2011, cando chegou ao seu mínimo con -7.666 millóns. Valencia, con -1.735 millóns, e Baleares, con -1.516 millóns, son as outras dúas autonomías nas que os seus cidadáns pagan máis tributos que o gasto público que reciben do Estado.

A balanza fiscal de Galicia sitúa o noso país como a cuarta autonomía máis beneficiada neste sistema, cun saldo positivo de 3.692 millóns de euros. Este saldo mantívose máis ou menos estable entre 2011 e 2014, cun mínimo de 3.240 millóns en 2011 e un máiximo de 3.829 en 2012. Con todo, en 2005 foi maior, cun superávit fiscal de 4.034 millóns.

Por enriba de Galicia sitúanse Andalucía, a máis beneficada, cun saldo positivo de 7.689 millóns de euros, seguida por Canarias, con 4.293 millóns e Castela e León, con 4.280 millóns. Xusto por detrás de Galicia colócase o País Vasco, no quinto posto, cun superávit de 3.387 millóns de euros, e que se foi incrementando considerablemente nos últimos anos, desde os 1.576 millóns en 2011.

Tomando todo o gasto que se considera territorializable (descártanse, por exemplo, partidas de Defensa ou Exteriores, que non obedecen a criterios territoriais; ou as pensións, que se pagan en función da carreira de cotización persoal, e inclúense o financiamento autonómico, as axudas rexionais ou o investimento público), De la Fuente examinou canto difire da media o gasto territorializable por habitante sen axustar, suprimindo os impostos propios de cada autonomía, mostrando as diferenzas de gasto e ingreso en relación á media. Aí, os máis prexudicados son valencianos e murcianos, con déficits por habitante de 702 e 569 euros, respectivamente, seguidos de andaluces (-358), madrileños (-247), cataláns (-207) e baleáricos (-202), mentres que as máis beneficiadas son Ceuta e Melilla (+2.752), País Vasco (+2.194), Navarra (+1.342) e Canarias (+1.234). Para Galicia é de -5.

Saldos fiscais relativos por comunidades autónomas, en totais de millóns de euros e porcentaxes do PIB
Saldos fiscais relativos por comunidades autónomas, en totais de millóns de euros e porcentaxes do PIB | Fonte: Angel de la Fuente, FEDEA.

Os saldos relativos calcúlanse a partir das diferenzas entre os gastos e ingresos per cápita de cada autonomía e a media estatal dunha forma que neutraliza os efectos do déficit agregado da Administración Central. As cifras resultantes da balanza fiscal responden a que en España existe un sistema tributario progresivo no que os que máis gañan pagan máis impostos. Dáse así unha relación inversa entre o PIB per cápita e o saldo fiscal, de xeito que canto máis alto é o PIB per cápita, xeralmente peor é o saldo fiscal. Con todo, os casos extraordonarios de País Vasco e Navarra, con saldo fiscal positivo malia ser das autonomías máis ricas, explícase porque son comunidades forais que gozan dun réxime especial, xa que elas mesmas recadan os impostos e logo pagan ao Estado unha cantidade polos servizos que lles presta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

4 Mentira...

Nego a maior. Madrid ten un saldo fiscal negativo, logo é a rexión más solidaria do estado. Mentira. Madrid leva 30 anos chupando fondos europeos a mazo e atraendo empresas do resto do estado que buscan acceder a eses fondos. Non é pola súa dinámica empresarial, é por imposición do estado. Zeltia era una empresa do Porriño, con filial madrileña pois senón non hai pasta de I+D+i europea. Paga impostos e logo resulta que ej que nojotros tenemos investigación de alcaloidez de laj algas... coma Zeltia hai mil exemplos de recolocación de empresas que contan en Madrid...

3 Arturo

Determinados sectores non aturan ter que asumir que o saldo fiscal é beneficioso para Galicia, porque así caése o do victimismo. Falan sempre do imposto de sociedades (IS) pero esquecen sempre que hai OUTROS impostos, coma o Imposto sobre bens inmobles, ou o Imposto sobre Construccións que as empresas radicadas en Galicia SI que pagan eiquí. O imposto de sociedades non compensa nen de lonxe o déficit salvaxe das pensións en Galicia. Eis a realidade que moitos non queren ver, porque se non caéselles o discurso

1 Eu mesmo

Así que as pensións son pagadas cos impostos directos e indirectos?. Non será que o autónomo ou empregado por conta allea cotiza mensualmente por algo máis que a asistencia sanitaria?. E a regresión da natalidade derivada das nulas políticas de AP/PP desde o 1982 e a liquidación de sectores prdutivos do PSOE nos primeiros 80, non terán tamén algo que ver?, ou que a sé social de Navantia estéa en Madrid?. O que hai que ler!!!

2 Nmgr

Mima Arturo a tua ignorancia só é superada polo teu atrevemento, que maneira de misturar impostos 100% locais, con impostos cedidos total ou parcialmente e contribuciones sociais, non tés desperdicio meu ben. Se queres os bens inmobles situados na Galiza que paguen os impostos locais na cidade de Madrid. A balanzas fiscais dentro dun mesmo estado son un engano en si mesmo pero ti lévalo a un plano superior.

2 Watching solpores

Tes razón, é terrible pensar nos xornaleiros andaluces agardando por unha reforma agrícola que nunca chegou... E seguindo votando ano tras ano a quen non os dan sacado, coma nos pasa a nós os galegos, da cola das economías máis pobres da UE. Mentres Euskadi, Cataluña, Navarra e Valencia seguían a medrar. E claro esta, isto tamén o ven os mozos cuxos pais naceron noutras partes de España e non en Cataluña e por iso moitos deles están a favor da independencia. A solución chámase ordinalidade e calquera que saiba algo de economía sabe que faría ás autonomías moito máis responsables do gasto. Resumo: trátase de crear emprego, non aeroportos sen uso ou Cidades da Cultura valeira. https://www.elblogsalmon.com/entorn... http://www.eldiario.es/andalucia/Ob...

1 Eu mesmo

Si home sí. O IVA e o IS de Citroën liquídase en Madrid. A producción de Gas Natural Fenosa en Cataluña, a de Endesa en Madrid, e así tudo!!!. Faltan criterios para determinar a realidade das balanzas fiscais verdadeiras. Materia dunha investigación rigurosa que ainda non se ten feito.

1 Watching solpores

Todos o sabemos, igual que sabemos os enormes beneficios económicos que reporta ser a capital do estado. E igual que sabemos coma se deixou de lado a gandeiría galega para beneficiar a outros sectores durante as negociacións coa UE... Iso é algo que tamén lembran ben os gandeiros galegos inda hoxe. Pero onde están as empresas e a tecnoloxía punta? https://www.elconfidencial.com/econ... E que nin sequera se están a dar os pasos que Moodys sinala? A onde imos?