Temas: SECA

Alerta por seca en seis zonas da demarcación Galicia-Costa

Son os que afectan aos ríos Verdugo, Lagares e Baíña, ríos de Oia e O Rosal, río Castro, río Xallas e Cee, río Mero e outros que desembocan na ría da Coruña, así como os ríos Mendo e Mandeo e os que desembocan á ría de Betanzos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2017 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

A oficina técnica da seca --que constitúen diversos organismos da Xunta-- acordou este luns recomendar a declaración da alerta por seca en seis zonas da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, que fará efectiva Augas de Galicia en próximas horas.

A seca provoca que o encoro de Portomarín descubra o antigo pobo
A seca provoca que o encoro de Portomarín descubra o antigo pobo

Os seis sistemas afectados son os que afectan aos ríos Verdugo, Lagares e Baíña; ríos de Oia e O Rosal, que verten á costa atlántica; río Castro; río Xallas e Cee; río Mero e outros que desembocan na ría da Coruña; así como os ríos Mendo e Mandeo e os que desembocan á ría de Betanzos.

En rolda de prensa, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, informou de que estas seis zonas son "as que levan máis meses afastadas da normalidade" e "presentan un déficit de caudal todas elas por baixo do 50%". Con todo, deixa claro que o uso prioritario de abastecemento da poboación "segue garantido" e "non terá ningún efecto inmediato sobre a cidadanía".

Ademais destas seis zonas, o director de Augas avisa de que "hai que prestar especial atención ao sistema do río Lérez", que nos dous últimos meses está "nunha pendente de afastamento da normalidade", aínda que "non tan persistente no tempo" como para declarar por agora a alerta. Tamén, a situación dos ríos Tambre e Ulla "non empeoran", pero afluentes comezan a ter complicacións --como o río Furelos--.

Temas: SECA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta