Temas: LUMES INCENDIOS

Máis de 430 efectivos contra incendios cesan a súa actividade en época de alertas por lumes

Apropiga e CC.OO. critican á Xunta por diminuir este persoal en época de risco e critica que se siga incentivando, ano tras ano, o traballo de empresas privadas como Natutecnia en detrimento do propio persoal descontinuo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/10/2017 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Apropiga (Asociación de Bombeiros Forestais de Galicia) e CCOO lamentan o cesamento de actividade de 436 efectivos contra lumes malia que aínda non rematou a campaña de alto risco de incendios. Trátase de persoal de tres bases helitransportadas, ademais de bombeiros forestais, condutores de motobombas, emisoristas dos centros de coordinación, vixilantes fixos e codificadores de toda Galicia.

Como queda o traxe dun bombeiro forestal logo de loitar contra as lapas
Como queda o traxe dun bombeiro forestal logo de loitar contra as lapas | Fonte: bombeiros forestais de Galicia

Estes traballadores discontinuos estiveron durante tres meses nas bases helitransportadas de Marroxo (Monforte de Lemos), Vilamaior (Verín) e O Campiño (Pontevedra). Tamén son bombeiros forestais condutores de motobomba, emisoristas dos diferentes centros de coordinación, vixilantes fixos e codificadores repartidos polos dezanove distritos forestais de Galicia.

Un despido que ten lugar cando aumentou a prohibión da realización de queimas porque o periodo de incendios segue latente como demostran os lumes que están tendo lugar en Galicia nestes días. Por iso, dende Apropiga, esixen que estes traballadores non sexan cesados dado a importancia das súas actividades para previr e loitar contra os lumes nun momento no que continúan as alertas.

Tamén Comisións Obreiras (CCOO) lamenta o seu cese e censura que a Consellaría do Medio Rural siga incentivando, ano tras ano, o traballo de empresas privadas como Natutecnia en detrimento do propio persoal descontinuo. O sindicato lembra que, ao tempo que traballadoras e traballadores das bases helitransportadas da Xunta van ao desemprego, Natutecnia segue a operar nas bases de San Xoán de Río (Castro Caldelas) e Toén, na provincia de Ourense; en Portomarín, na provincia de Lugo; en Queimadelos (Ponteareas) e Silleda, na de Pontevedra; e Lomba (Santa Comba), na provincia da Coruña.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta