Temas: INCENDIOS XURéS

Un gran lume afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

O incendio forestal permanece activo desde o luns no termo municipal de Lobios (Ourense). Este luns a Xunta cesou a 430 efectivos contra incencios.

Por E.P. | OURENSE | 03/10/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Un incendio forestal permanece activo na mañá deste martes no termo municipal de Lobios (Ourense) e afecta ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

Un brigadista loita contra outro lume no Xurés
Un brigadista loita contra outro lume no Xurés

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume comezou ás 20,07 horas do luns na parroquia de Río Caldo, no termo municipal de Lobios, e, segundo as primeiras estimacións, afecta a unha superficie dunhas 20 hectáreas.

Nos labores de control e extinción das lapas están a participar seis axentes forestais, 16 brigadas, sete motobombas, unha pa e dous helicópteros.

Curiosamente, este luns cesaban na súa actividade máis de 430 efectivos contra incendios ao considerar a Xunta que rematara a época de alertas por lumes.

Temas: INCENDIOS XURéS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 La nit del foc

Os cataláns siguen queimando Galicia! Que fas, Feijoo, que non o denuncias? Ai, xa, estás esperando a que o diga Rachón.