Temas: MúSICA

Unha das mellores voces da música actual, en Galicia

Eilen Jewell, a gran dama da americana desta década, actúa en Ferrol este venres para presentar o seu quinto traballo, o máis próximo ao blues.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/10/2017 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Dende que saltara á escena internacional co magnífico Boundary County, a fráxil Jewel pisou os escenarios de Galicia en varias ocasións, sempre marabillando co seu xeito único de abordar a música de raíz a modo pero con xeito, sen caer na pedantería, nunha mestura morriñenta de country clásico, folk e rock and roll.

Eilen Jewell
Eilen Jewell

Agora volve ao país para actuar en Ferrol este venres a partir das 21 horas no Teatro Jofre. As entradas xa están a venda en Ataquilla.com , dende só 12 euros. Estará acompañada pola súa banda de sempre (Jerry Miller, Shawn Supra, Jason Beek) onde destaca o primeiro, un dos mellores guitarristas que un poida ver en directo. 

O seu último traballo é  'Down Hearted Blues' ( 2017, Signature Sounds Recordings). Unha aposta polo blues máis tradicional de "It's Your Voodoo Working" de Charles Sheffield, "You Know My Love" de Willie Dixon, e "One of These Days" de Albert Washington. Ademais, a banda espida o son, cambiando a batería e os instrumentos eléctricos por táboas de lavar, mandolinas e banjos para versionar temas como "Nothing in Rambling" de Memphis Minnie, "Down Hearted Blues" de Bessie Smith e "Poor Girl's Story" de Moonshine Kate.

Eilen Jewell Eilen Jewell
Eilen Jewell Eilen Jewell
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Héctor

Este concerto celébrase en novembro!