Centos de policías galegos pídenlle ao Goberno que reaccione en Cataluña

Policías, representantes sindicais e familiares maniféstanse arestora diante das comisarías da Policía Nacional no país. Baixo o lema “polo estado de dereito, goberno reacciona!” denuncian o “acoso” que din estar sufrindo os axentes desprazados a Cataluña por parte dos soberanistas. De non tomar medidas Rajoy, din que pedirán a súa dimisión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/10/2017 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Cómpre lembrar que aproximadamente uns 200 policías e gardas civís galegos están servindo en Cataluña ao fío do referendo de independencia. 

Manifestación fronte a Comisaría de Ferrol en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría de Ferrol en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP

UNIDADE SINDICAL

As concentracións de hoxe están convocadas por parte de case todos os colectivos da Policía Nacional: SUP, CEP, UFP, SPP e ASP. Reclaman, enarborando a unidade de acción, unha “resposta contudente do Estado ante o maior atque sufrio pola Policía Nacional nos máis de 150 anos de historia ao servizo dos españois”.

Os sindicatos advirten que se deben tomar medidas urxentes contra a “persecución e sinalamento” que din están a sufrir os policías en Cataluña. Cómpre lembrar que o presidente da Generalitat pediu este luns a retirada das forzas desprazadas co gallo da consulta despois da súa actuación, que deixou centos de feridos.

A vicesecretaria do SUP Galicia, o sindicato máis numeroso na policía en Galicia, indica que os policías “están facendo o seu traballo e cumprindo un mandato xudicial”. Sandra Castro argumenta que as cargas producíronse porque hai resolucións xudiciais que din que “non se podía votar, non se podía facer eleccións”.

Manifestación fronte a Comisaría da Coruña en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría da Coruña en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP

Castro, en declaracións a RNE, critica a labor dos Mossos ao lembrar que os policías “non contaban co apoio de todos os que tiñan que estar presentes, e continúan sen telo”. De non tomaren medidas, os policías din que pedirán a dimisión do seu director, do Ministro do Interior e incluso do Presidente do Goberno.

 

SANTALICES PIDE RESPECTO Á LEI

 

Por outra banda, o presidente do Parlamento Galego pronunciouse hoxe en contra dos pasos cara a independencia consumados pola cámara catalana e a Generalitat.  “Sobre os servidores públicos recae un especial responsabilidade de respetar as leis” dixo Miguel Santalices. O deputado do PPdeG alertou que “á marxe do dereito só queda a arbitrariedade e o totalitarismo”.

 

“NON QUITARLLE NADA A NINGUÉN PARA DARLLO A GALICIA”

 

Sobre unha eventual negociación que redefina o mapa de España, o vicepresidente da Xunta dixo esta mañá que o goberno galego estará “atento”. Alfonso Rueda presumiu que “seremos os primeiros en defender aquelo que lle corresponde a Galicia, pero non contra ninguén, non para sacarllo a ninguén e darllo a Galicia”. O número 2 do PPdeG recoñeceu que era inevitable que o tema catalán se aborde no Debate de Estado da Autonomía, que comeza mañá.

Manifestación fronte a Comisaría de Santiago en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría de Santiago en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

19 Vacacións no Mar

E estes hooligans que era o que pedían, que os leven no cruceiro de Piolín, que lles den paus mais fortes para mallar mellor nos cataláns? Cando rara vez prenden algun dos delincuente PePeiros non vexo que vaian coma cans doentes e lles rebenten a testa coma fixeron neste Domingo na Cataluña cos votantes vellos, novos, homes e mulleres. Pero que ninguén se engane a farsa do 1978 finou. Europa e o mundo todo está a ver o que é a "democracia a la española" que vale menos que eses croissantes que lles dan no Piolín.

18 Ejjj que vamos

Viva o Rei!! E viva España!! Coño!! Temos que dicilo Ben alto para que non nos fagan calar coas súas ameazas e mentiras!!. Todo o apoio as forzas de seguridade e leña aos golpistas totalitarios!!

1 Todo bien atado

E viva Franco, por algo somos herdeiros do vello!

2 Aterriza_como_puedas

¿Estás ameazado meu rei? ¿Dixéronche que te ían levar á escola? Vouche falar eu de mentiras un pouquiño: "Resistencia galega organizó a los manifestantes en Madrid", "Incautadas peligrosas armas punzantes entre los manifestantes que se quejaban de la dura represión policial en Madrid", "cuando llegue al poder voy a bajar los impuestos", "el gobierno de Maduro es una dictadura que no quiere dejar votar a sus opositores", "no se necesita el aval de la ONU, el gobierno iraquí tiene armas de destrucción masiva", "vamos a aceptar nuestra cuota de refugiados", "no tenemos en Valencia dinero para gastarlo en esos 52 chavales que dicen pasar hambre en vacaciones"...unha perla: " A España no la va a reconocer ni la madre que la parió"...nunca foi máis recoñecible. Logo vos queixaredes da "leyenda negra", polvoreiros de pacotilla.

17 nostrus

Votar no es delito y follar tampoco, pero si no hay consentimiento es violacion. En el 36 el gobierno legitimo en aquel entonces intentó parar el golpe, porque de no haberlo hecho y se rindiera, hubieran los franquistas alegado que cogieron el poder pacíficamente. La democracia ha de ser fuerte y tomar todas las medidas necesarias para defenderse.

16 Miño

Los independentistas catalanes hasta intentar linchar a sus amigos de La Sexta. http://ocio.lne.es/tv/noticias/nws-... Antonio García Ferreras, amenazado "de muerte" a la salida del Parlament http://www.elmundo.es/television/20...

15 Policía galego solidario

eu tamém como policía galego quero denunciar as agresións ás cachiporras e botas dos nosos colegas cataláns por parte dos violentos votadores. Fago un chamamento ao goberno para que nos deixe actuar e que poidamos usar as botas e as cahiporras en libertá e sin ameazas dos separatistas catalufos! ¡España una grande y libre y galicia su culo!

1 Lliure

Y tú madre una zo rra

2 Policía galego solidario

... y la tuya una catalana!