Centos de policías galegos pídenlle ao Goberno que reaccione en Cataluña

Policías, representantes sindicais e familiares maniféstanse arestora diante das comisarías da Policía Nacional no país. Baixo o lema “polo estado de dereito, goberno reacciona!” denuncian o “acoso” que din estar sufrindo os axentes desprazados a Cataluña por parte dos soberanistas. De non tomar medidas Rajoy, din que pedirán a súa dimisión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/10/2017 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Cómpre lembrar que aproximadamente uns 200 policías e gardas civís galegos están servindo en Cataluña ao fío do referendo de independencia. 

Manifestación fronte a Comisaría de Ferrol en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría de Ferrol en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP

UNIDADE SINDICAL

As concentracións de hoxe están convocadas por parte de case todos os colectivos da Policía Nacional: SUP, CEP, UFP, SPP e ASP. Reclaman, enarborando a unidade de acción, unha “resposta contudente do Estado ante o maior atque sufrio pola Policía Nacional nos máis de 150 anos de historia ao servizo dos españois”.

Os sindicatos advirten que se deben tomar medidas urxentes contra a “persecución e sinalamento” que din están a sufrir os policías en Cataluña. Cómpre lembrar que o presidente da Generalitat pediu este luns a retirada das forzas desprazadas co gallo da consulta despois da súa actuación, que deixou centos de feridos.

A vicesecretaria do SUP Galicia, o sindicato máis numeroso na policía en Galicia, indica que os policías “están facendo o seu traballo e cumprindo un mandato xudicial”. Sandra Castro argumenta que as cargas producíronse porque hai resolucións xudiciais que din que “non se podía votar, non se podía facer eleccións”.

Manifestación fronte a Comisaría da Coruña en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría da Coruña en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP

Castro, en declaracións a RNE, critica a labor dos Mossos ao lembrar que os policías “non contaban co apoio de todos os que tiñan que estar presentes, e continúan sen telo”. De non tomaren medidas, os policías din que pedirán a dimisión do seu director, do Ministro do Interior e incluso do Presidente do Goberno.

 

SANTALICES PIDE RESPECTO Á LEI

 

Por outra banda, o presidente do Parlamento Galego pronunciouse hoxe en contra dos pasos cara a independencia consumados pola cámara catalana e a Generalitat.  “Sobre os servidores públicos recae un especial responsabilidade de respetar as leis” dixo Miguel Santalices. O deputado do PPdeG alertou que “á marxe do dereito só queda a arbitrariedade e o totalitarismo”.

 

“NON QUITARLLE NADA A NINGUÉN PARA DARLLO A GALICIA”

 

Sobre unha eventual negociación que redefina o mapa de España, o vicepresidente da Xunta dixo esta mañá que o goberno galego estará “atento”. Alfonso Rueda presumiu que “seremos os primeiros en defender aquelo que lle corresponde a Galicia, pero non contra ninguén, non para sacarllo a ninguén e darllo a Galicia”. O número 2 do PPdeG recoñeceu que era inevitable que o tema catalán se aborde no Debate de Estado da Autonomía, que comeza mañá.

Manifestación fronte a Comisaría de Santiago en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría de Santiago en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

14 Nomore

El ultra británico Farage, el único del Parlamento Europeo que defiende las tesis del golpistas catalanes. Este es el nivel: https://www.elespanol.com/espana/po...

1 Policía galego solidario

Putin tamén apoia os separatistas cataláns, somos a vergonza de Europa e do mundo, Menos mal que o Felipe VI cantou claro. ¡Artigo 155 xa!

13 Ejjjjj que vamos

Todos os demócratas estamos coa Garda Civil e a Policía Nacional. Defenden a lei e se alguén a salta ten que aterse as consecuencias. O que está pasando en Cataluña é lamentable, debería inervir o exército, poñendo aos golpistas no seu sitio. Todos os que apoian a actidude incívica dos independentistas non son mellores que os sublevados do 36 que tanto odian, pero claro, todo vale cando son eles os que o fan. O meu apoio a estes corpos e que de unha vez o goberno se deixe de pamplinas e actúe xa.

1 Hartito

Por fin os sacáis la careta los neonazis y asesinos que deseáis otro 36 para asesinar al vecino y robarle.malo cuando los que se dicen demócratas defienden unos cuerpos que no dudan en disparar bolas a gente desarmada viejos y ancianos

2 Ejjjjj que vamos

Cando insultes faino poñendo nome e apelidos. Moito se vos enche a boca chamando neonazis e asasinos ao resto da xente cando vos sodes o amigos de Bildu e os seus acólitos. Falas do 36 para referirte á xente que defendemos a democracia e a lei e non asumes que o que apoias é un golpe de estado perpetrado por unha minoría, de xeito premeditado e ilegal. Se ciriticas á policía estás cega. Quenes foron os que participaron nun referendo ilegal?? A xente coma ti é a que toma a rúa e acaba linchando a todos aqueles que pensan diferente. O 36 perpetrouno xente coma ti non sigades coa mentira e a manipulación que non cola.

3 undecomp

porras e pelotas de goma contra papeletas e somos nos os golpistas???

12 galegoexiliado

De todo este sin sentido montado por Mariano, o amigo de Trumm, aparte das actitudes chulescas e as malleiras dos uniformados, quédome con duas frases: unha a dos patriotas animando aos polis ao berro de "A POR ELLOS, A POR ELLOS, OEOEOE", E a outra a de esos policías bloqueados en un hotel e berrando "QUE NOS DEJEN ACTUAR". Non hai dúbida que na Expaña o nivel democrático é cada día mais lamemtable. Gracias SUSANITA por entronizar a Mariano 1º de Expaña.

11 galego

Xa tiñan pouca credibilidade e simpatía da poboación,, e coa actuación do 1-O e estes actos profascistas, van a perdela toda. Pagamoslle o soldo para que nos protexan, non para que nos mallen!!!!

1 Nexus 6

La Policía Nacional, el Ejército y la Guardia Civil son admiradas por una amplísima mayoría de españoles. Sólo personas como tú, cegadas por el odio y el resentimiento hacen tales afirmaciones. Los que tú defiendes sí que ponen en práctica actos fascistas y totalitarios. La actuación de la Policía, amparada por la orden de un juez del Tribunal Superior de Justicia de Cataluña, se hizo en defensa de los derechos de todos los españoles a quienes los políticos catalanes pretenden arrebatar

2 Nexus 6

La Policía Nacional, el Ejército y la Guardia Civil son admiradas por una amplísima mayoría de españoles. Sólo personas como tú, cegadas por el odio y el resentimiento hacen tales afirmaciones. Los que tú defiendes sí que ponen en práctica actos fascistas y totalitarios. La actuación de la Policía, amparada por la orden de un juez del Tribunal Superior de Justicia de Cataluña, se hizo en defensa de los derechos de todos los españoles a quienes los políticos catalanes pretenden arrebatar

10 danciu

Deixade de disparar a xente - https://www.facebook.com/lagarderd/...