Centos de policías galegos pídenlle ao Goberno que reaccione en Cataluña

Policías, representantes sindicais e familiares maniféstanse arestora diante das comisarías da Policía Nacional no país. Baixo o lema “polo estado de dereito, goberno reacciona!” denuncian o “acoso” que din estar sufrindo os axentes desprazados a Cataluña por parte dos soberanistas. De non tomar medidas Rajoy, din que pedirán a súa dimisión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/10/2017 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Cómpre lembrar que aproximadamente uns 200 policías e gardas civís galegos están servindo en Cataluña ao fío do referendo de independencia. 

Manifestación fronte a Comisaría de Ferrol en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría de Ferrol en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP

UNIDADE SINDICAL

As concentracións de hoxe están convocadas por parte de case todos os colectivos da Policía Nacional: SUP, CEP, UFP, SPP e ASP. Reclaman, enarborando a unidade de acción, unha “resposta contudente do Estado ante o maior atque sufrio pola Policía Nacional nos máis de 150 anos de historia ao servizo dos españois”.

Os sindicatos advirten que se deben tomar medidas urxentes contra a “persecución e sinalamento” que din están a sufrir os policías en Cataluña. Cómpre lembrar que o presidente da Generalitat pediu este luns a retirada das forzas desprazadas co gallo da consulta despois da súa actuación, que deixou centos de feridos.

A vicesecretaria do SUP Galicia, o sindicato máis numeroso na policía en Galicia, indica que os policías “están facendo o seu traballo e cumprindo un mandato xudicial”. Sandra Castro argumenta que as cargas producíronse porque hai resolucións xudiciais que din que “non se podía votar, non se podía facer eleccións”.

Manifestación fronte a Comisaría da Coruña en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría da Coruña en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP

Castro, en declaracións a RNE, critica a labor dos Mossos ao lembrar que os policías “non contaban co apoio de todos os que tiñan que estar presentes, e continúan sen telo”. De non tomaren medidas, os policías din que pedirán a dimisión do seu director, do Ministro do Interior e incluso do Presidente do Goberno.

 

SANTALICES PIDE RESPECTO Á LEI

 

Por outra banda, o presidente do Parlamento Galego pronunciouse hoxe en contra dos pasos cara a independencia consumados pola cámara catalana e a Generalitat.  “Sobre os servidores públicos recae un especial responsabilidade de respetar as leis” dixo Miguel Santalices. O deputado do PPdeG alertou que “á marxe do dereito só queda a arbitrariedade e o totalitarismo”.

 

“NON QUITARLLE NADA A NINGUÉN PARA DARLLO A GALICIA”

 

Sobre unha eventual negociación que redefina o mapa de España, o vicepresidente da Xunta dixo esta mañá que o goberno galego estará “atento”. Alfonso Rueda presumiu que “seremos os primeiros en defender aquelo que lle corresponde a Galicia, pero non contra ninguén, non para sacarllo a ninguén e darllo a Galicia”. O número 2 do PPdeG recoñeceu que era inevitable que o tema catalán se aborde no Debate de Estado da Autonomía, que comeza mañá.

Manifestación fronte a Comisaría de Santiago en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría de Santiago en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

4 José

"en estas datas tan entrañables, no podemos más que agradecer a estes fillos da gran "nacion española", su permanente preocupación por la integridad de Cataluña y los catalanes. Desde un rincón de esta Galicia tan gallega y a la vez tan "filla de España", vos mandamos unhas agarimosas labazadas"

3 Ventos de liberdade

Hacen muy bien. Tienen todo el apoyo de la sociedad gallega y española, detritus aparte.

1 Viento en popa a toda vela

Todo o noso apoio e mais o de Piolín para levalos aos mais recuados oceanos a defender os paraisos fiscais dos seus benefactores xefes

2 undecompostela

non sei porque dicides que son galegos, so se ven bandeiras españolas.....

1 Olee

No son gallegos todos son de fuera de Galicia o no veía con que saña pegan a los gallegos cuando se manifiestan que suerte que Cataluña se va a librar de ellos

1 Karles

Son de Barcelona e non me gustan ver estas manifestacións contra a policía. Dáme tristeza e non me gusta nada. Pero tamén estaba moi triste ver como a policía golpeou ás persoas con violencia. E vexa como en Callella a policía saíu do civil con bastóns extensibles para chegar a máis persoas (que estaban protestando). ¿É legítimo vestirse con roupa civil e usar bastóns expandibles? http://www.eldiario.es/catalunya/po...