O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia condena as cargas policiais en Cataluña

Os colexiados expresan a súa solidariedade coa sociedade catalá e cualifican de "desproporcionada" e de "represión inadmisible" a actuación dos corpos de seguridade do Estado.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/10/2017 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) súmase á marea de críticas e expresa a súa "condena ante a violencia exercida por parte dos corpos de seguridade do Estado contra a cidadanía catalá durante a xornada do pasado domingo", manifestan os seus integrantes nun comunicado.

Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña
Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña | Fonte: Miguel Núñez

"Solidarizámonos coa sociedade catalá, rexeitando enerxicamente a actuación desproporcionada das forzas policiais, ao levar a cabo unha mostra de represión inadmisible nunha sociedade democrática", subliña o Ceesg.

Por isto, os educadores sociais demandan unha estratexia política "conciliadora e dialogante" que "garanta os dereitos de toda a cidadanía". "A violencia", din, "nunca será a solución a ningún conflito".

O Ceesg insiste en que non pode haber outra solución ao conflito catalán que "a negociación e o diálogo, co máximo respecto á cidadanía e aos seus dereitos e liberdades fundamentais".

Os colexiados lembran que se acaba de conmemorar o Día Internacional da Educación Social, baixo o lema “Educación social = Compromiso coas persoas”, e precisamente por iso, "non podemos deixar de pronunciarnos sobre estes feitos lamentables, desexando que dean paso a actitudes cívicas e pacíficas", din.

Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña
Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña | Fonte: Miguel Núñez

Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña
Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta