Toda a oposición pide un cambio no modelo de Estado

En Marea reclama abrir un proceso constituínte que desemboque nun marco constitucional de corte confederal, o PSdeG pide unha reforma da Constitución cara a un modelo federal e o BNG aposta por un "novo estatus de nación". Todos eles denuncian os incumprimentos de Feijóo e describen unha Galicia sen futuro.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 04/10/2017 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

Cataluña non é Galicia, pero todo o que está pasando en Cataluña semella que inflúe en Galicia. dun ou doutro xeito. Foi Feijóo o que converteu o debate do estado do país galego nunha discusión sobre o "golpismo" en Cataluña, e os partidos da oposición en Galicia tamén entraron nese debate. Non fixeron do caso catalán, un casus belli como Alberto Núñez Feijóo, pero certamente, os líderes de En Marea, PSdeG e BNG aproveitaron a súa quenda neste debate para sinalar que o que aconteceu en Cataluña é o fracaso do modelo actual de estado e pediron cambios fondos nese modelo.

O portavoz socialista Xoaquín Fernández Leiceaga.
O portavoz socialista Xoaquín Fernández Leiceaga.

Neste sentido, o líder de En Marea, Luís Villares, dirixiuse ás forzas da oposición para pedirlles un pacto de colaboración "aberto, entre iguais, en clave democrática, social e de recoñecemento plurinacional do Estado".

Este acordo, segundo detallou, baseariase na constitución, no ámbito do Estado, dunha fronte ampla de espazos políticos para "desaloxar ao goberno do Partido Popular das institucións". Tamén, en abrir un novo marco constitucional, de corte confederal, que recoñeza o "carácter nacional de Galicia", cun novo marco competencial e unha carta interna de dereitos sociais.

Villares insistiu en que este é "o momento" para cambiar ese marco constitucional e lembrou que dous terzos dos votantes "non puideron votar a Constitución". "Xa é hora de que esta xeración manifeste o que quere e tome as redas do seu destino", dixo. "O pobo galego é maior de idade e non necesita tutelas. Non precisamos que un Monarca ao que ninguén escolleu veña a darnos leccións de democracia e a repartir carnés de bos e malos súbditos. Os galegos non somos mansos, nin somos súbditos", concluíu.

Diálogo e estado federal

Tamén o voceiro do PSdeG Xaquin Fernández Leiceaga, apostou abertamente por abrir un diálogo "constuctivo" entre todas as partes para realizar unha reforma constitucional. "Unha reforma que debe ter como horizonte un modelo federal, ou sexa, igualitario, respectuoso da direvsidade cultural, incluída a nosa", sinalou. "Un proxecto no que poida expresarse plenamente a nosa personalidade diferenciada compartindo de xeito solidario os destinos dunha España democrática, equilibrada, moderna e plural", engadiu.

Ponton Valoracion Discurso Feijoo
Ponton Valoracion Discurso Feijoo

Leiceaga destacou que o futuro da convivencia en España "non pasa pola insubmisión nin pola represión", senón "polo convencemento e a asunción democrática". "Nin ruptura, nin retroceso. Política, reforma, diálogo", dixo como receitas para superar a actual crise en Cataluña. "Non chega coa lei, precisamos acordos", engadiu.

Neste sentido reclamou a apertura no Parlamento galego da Comisión de Reforma do Estatuto para consensuar, dixo, unhas bases orentadoras da reforma. "Falamos do simbólico, das competencias e do financiamento", engadiu.

Estatus de nación

Pola súa banda, a voceira a nacionalista Ana Pontón reclamou a posta en marcha dunha ponencia para superar o actual marco e dotar a Galicia dun "novo estatus de nación". Un novo estatus, dixo, para que o país decida sobre a súa economía, finanzas, dereitos sociais, autoestradas ou portos e aeroportos. "E no corazón deste debate hai unha pregunta clave, saber se as persoas que vivimos e traballamos na Galiza é competente para tomar decisións sobre o seu propio futuro", apuntou.

Así, lembrou que Cataluña xa avanza cara un proceso constituínte e que o presidente vasco, Íñigo Urkullo, quere reclamar o recoñecemento de Euskadi como nación nun estado confederal. "Nestas ultimas semanas escoitamos ao líder do PSOE dicir que el recoñece a Galiza, Euskadi e Cataluña como nación. E vostede que vai defender para Galiza, unha Galiza nación ou quenos declaren unha regionalidad?", chanceou.

Crítícas á parálise de Galicia

Por outra banda, os tres dirixentes da oposición centraron a maior parte do seu discurso a describir a situación de Galicia e criticaron as promesas incumplidas de Feijóo.  Por iso describiron unha Galicia sen proxectos, nin futuro. "O seu goberno carece de proxecto o que está aumentando a fractura social", espetou Leiceaga.

O líder socialista falou da existencia dunha fractura social, xeracional, de xénero e territorial e lembrou que durante este ano da primeira lexislatura o único que se aprobou no Parlamento foi a Lei de benestar animal. Neste sentido, criticou a existencia dunha demografía "calamitosa", unha recuperación económica sen emprego de calidade e políticas industriais e de emprego "inexistentes".

Ana Pontón criticou a Feijóo por levar oito anos "pasando olímpicamente de Galicia" por "exercer como un fiel recadeiro de Rajoy". E lembrou que os últimos doce meses están cheos de retraos no cumprimento dos prazos do AVE, tivo lugar o "maior recortazo do século" nas inversións do estado en Galciia, un veto á AP9 ou subida das peaxes para 2018.

Finalmente Villares denunciou o trato "humillante e denigrante" que o Estado español ten con Galicia e describíu unha Galicia "afundida" nas desigualdades sociais, con máis corrupción, con menos sanidade e ensinanza pública e con proxectos lexislativos "que van danar aínda máis a fraxilidade medioambiental e financeira deste país".

Luís Villares de En Marea.
Luís Villares de En Marea.
Debate sobre o Estado da Autonomía
Debate sobre o Estado da Autonomía
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

7 Galiza é o que é

Galiza é unha nación, e como tal debe ser recoñecida na constitución, sexa nun modelo autonómico, federal, confederal... O resto é negar a realidade e eternizar un conflito que ten fácil solución...

6 galegoexiliado

Si, a maioría dos galegos piden un cambio: MARIANO dimisión, LOSANTOS presidente. "A por eeeelloooos" e "Que los dejen actuar" son os seus imnos. Dalles caña Nuñez, voltarán a votarte con maioría.

5 Sese

Pois xa saben, maioria de 2/3 , se redacta unha nova Constitución. Se convocan novas eleccions, se aproba con outra maioria de 2/3 . E se vota en referéndum con outra maioria. E xa esta. Cambio de modelo. O que se fixo en Cataluña sin esas maiorias en unha estafa

4 Undopobo

Moi ben. É unha posibilidade. Pero antes de nada, que os que racharon e pisotearon as leis, e están sometendo a unha chantaxe ao resto dos españois, depoñan a súa actitude e aparquen a DUI. A partires diso sí ten cabida e sentido o diálogo entre todos, respetando os procedimentos que a propia legalidade establece para os cambios que haxa que facer. Algúns cambios requerirán mais ou menos apoio, pero para iso está a política e a posibilidade de articular maiorías arredor das ideas. Pero ata o de agora, o presidente da Generalitat, o goberno e os partidos que os sustentan, non parecen esta pola labor. Como non foi posible no Congreso, inventaron a súa propia legalidade e tentan impoñer á forza o seu proxecto (non olvidemos que co 48% dos votos) ao resto de cataláns.

3 Anti...

O narigudo amido e chofer dos narcos galiza e un eido de alcolitos e seremos indepententes cando todas as autonomias se independizen e Galiza chore por unha nai e non a queira ninguén, ise día declarase a república galega, non por dicision nosa senón porque non haberá ninguén con quen xuntarse. Somos así que lle imos facer. O dos Peares, narigudo e narcochofer é o noso novo rei Breogan. Ten carallo.

1 Olee

Vamos a ver como no va a ganar el pp con todos los enchufados chupópteros que tiene y los medios comprados es que si pierde es imb ecil