Temas: CSIC

Antonio Figueras, profesor de investigación do CSIC Galicia, na Selección Española da Ciencia

Dirixe o Instituto de Investigacións Mariñas en Vigo desde 2015.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/10/2017 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Antonio Figueras Huerta, profesor de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), membro do grupo Inmunoloxía e Xenómica e director do Instituto de Investigacións Mariñas en Vigo (IIM) foi incluído na Selección Española da Ciencia 2017, iniciativa do CSIC e a Revista Quo.

O profesor e investigador galego Antonio Figueras asina a camiseta da Selección Española da Ciencia 2017
O profesor e investigador galego Antonio Figueras asina a camiseta da Selección Española da Ciencia 2017 | Fonte: CSIC.

Nesta ocasión, os elixidos son tres mulleres e dez homes que traballan en campos tan diversos como as tecnoloxías cuánticas, a robótica, a paleoxenética, a microanatomía, a protección do medioambiente, a astrofísica, a intelixencia artificial, a bioloxía molecular, a biotecnoloxía, a loita contra o sida, a bioloxía mariña ou a arqueoloxía botánica.

Antonio Figueras (Vigo, 1957) é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1979) e doutor en Bioloxía pola citada universidade (1984). Científico do CSIC desde 1987, na actualidade é profesor de investigación.

Desenvolve o seu labor no grupo de investigación Inmunoloxía e Xenómica do IIM, cuxos obxectivos son incrementar o coñecemento sobre a transcriptoma e proteómica da resposta inmune de peixes e moluscos fronte a patóxenos, identificar xenes que se poidan empregar como marcadores en procesos de selección xenética e mellorar a resposta inmune mediante o uso de inmunoestimulantes e vacinas. Dirixe tamén o Laboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos.

É autor de máis de 200 científicos en revistas de impacto, 34 libros e capítulos de libros. Dirixiu 20 teses doutorais.

En xullo de 2016 liderou, xunto con persoal da Universidade de Santiago de Compostela, a secuenciación completa do xenoma do rodaballo, primeiro vertebrado secuenciado en España.

No campo da cultura científica, é autor do blogue 'Ciencia Marina y otros asuntos', que publica a Fundación para el Conocimiento madri+d, e que foi premio de comunicación científica blogues mi+d.

En canto á súa experiencia no campo da xestión, foi director do IIM (2001-2005) e vicepresidente de Investigación Científica e Técnica (VICYT) do CSIC (2012-2014).

Os outros integrantes da Selección Española da Ciencia 2017 son Concha Monje (Universidade Carlos III), Carles Lalueza-Fox (Instituto de Bioloxía Evolutiva), Javier de Felipe Oroquieta (Instituto Cajal), Leonor Peña Chocarro, investigadora da orixe e a expansión da agricultura co apoio do Consello Europeo de Investigación (ERC), Xavier Querol, experto en contaminación ambiental, que formou parte do comité asesor do programa Clean Air for Europe (CAFE) da D.G. de Medio Ambiente da UE, Josep María Trigo (Instituto de Ciencias do Espazo), Ramón López de Mántaras (Instituto de Investigación en Intelixencia artificial), María Carmen Collado Amores, (Instituto de Agroquímica e Tecnoloxía de Alimentos), Javier Tamayo (Instituto de Microelectrónica de Madrid), Lluís Torner i Sabata (Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO), Guillem Anglada-Escudei (Universidade Queen Mary de Londres) e Alejandro Ocampo (Instituto Salk de Estudos Biolóxicos da Jolla).

Temas: CSIC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta